Galicia, Xeral, Natureza
xoves, 10 de xaneiro de 2008, 15:43

RaposiñoNon vexo mal a caza, sempre e cando o final da presa sexa a mesa. Dende sempre o home, ó igual que os animais trata de sobrevivir, e para elo un dos métodos é a caza. A caza para comer paréceme ben, pero cazar polo simple feito de matar, paréceme arrepiante. E máis triste me parece que a isto lle chamen deporte.

Todo esto daría para discutir moito, e sinceramente non me apetece. So quero deixar constanza que dende a Federación Galega de Caza, están a anunciar os campionatos provinciais galegos de caza do raposo para este sábado día 12, e o campionato galego para o 27 de xaneiro. Pero o curioso é que non dan información ningunha de onde se van celebrar. Tan so redireccionan a un .pdf onde so din que “Estamos traballando neste programa”. Non será máis ben que o que pretenden é ocultar esta mal chamada “competición”.

Seguir lendo…

Natureza
xoves, 4 de outubro de 2007, 11:17

O millo coma bioetanolEste podería ser o resumo do estudio presentado polo Premio Nobel de Química Paul J. Crutzen. Pero hai que matizar esa afirmación. I é que non sería o emprego destes bioconbustibles os que contribuirían ó quecemento da Terra, se non o emprego de fertilizantes para a producción da colza (empregada en Europa para a producción do biodiesel) e do millo (para a obtención de bioetanol, o substituto da gasolina). É dicir, que como habería que plantar un maior número de hectareas con estes cultivos, o emprego de fertilizantes para unha maior producción, tamén aumentaría. A gran maioría de fertilizantes están compostos a base de nitróxeno, e dos cales se desprende á atmósfera óxido nitróxeno, que ten até case 300 veces máis poder de quecemento global que o dióxido de carbono.

Co que habería que pensar en buscar outro tipo de fertilización para estes productos agrícolas, ou outras materias primas para a obtención de biocombustibles. Anos hai dende que en Galicia apareceu un home explicando que a partir do toxo se podía obter un aceite moi parecido ao gasoleo. Daquela sonaba a tolería, que iso aínda que fora posible, aparecerían ás grandes multinacionais para aplastar ao paisaniño. Está claro que aínda que hai moito toxo nos montes galegos, non sería suficiente como para abastecer todo o parque automobilístico nacional, cicais mesmo da nosa Galicia, pero polo menos axudaría.

Seguir lendo…

Natureza
mércores, 30 de maio de 2007, 18:52



O vídeo dura algo máis de 8 minutos, pero realmente non ten desperdício, aguantade ata o final e sorprenderédesvos. É unha desas cousas que custan de crer. Canto poderiamos, mellor dito deberiamos, aprender dos animais. Pasen e vexan, unha historia de leóns cocodrilos e búfalos, e dun pequeno moi afortunado.

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet