Parece ser que a Aldea Maldita comeza a ter fama. En xullo de 2007 dei entrada a CAMIÑO ESQUECIDO, relato de Castelao, fai cousa de un mes e medio saiu na prensa e foi durante case unha semana o artigo máis lido de La Voz de Galicia, a raiz do cal o director e produtores do filme O Apóstolo, decidiron centrar a súa historia na Aldea Maldita de Abuín. E agora tocoulle o turno o programa Cuarto Milenio de Iker Jimenez.
En fin, que dentro de pouco quizais temos unha empresa querendo montar un parque temático. Conformemonos con que non se empece a destrozar esa fermosa zona do patrimonio rianxeiro coma xa pasou con outras.
Un video sinxelo, catro acordes e unha boa letra. Parece doado facer boa música…
“Behind” é o título desta canción dos galegos Catpeople, aínda que emigrados a Barcelona (por que sempre teremos que marchar?)
Parece incríble que tras acontecer un afundimento dun barco, onde por riba houbo afogados, salten á palestra persoeiros, que parece que o único que buscan é afán de protagonismo. Olvídanse que familiares e amigos estan a pasalo mal, e sucédense en declaracións os uns contra os outros.
Dende a CIG (ou o sindicato do BNG, como ben indica a bandeira da foto), non tardaron en facer unha rolda de prensa, para denunciar que aos helicópteros de rescate non lles funcionaban as camaras térmicas, pero ollo, dende o 2005!!!! E por que non revolotearon antes?? Son momentos estes?? Si é verdade que eses aparatos teñen esa tecnoloxía inutilizable, verdadeiramente é algo lamentable, e totalmente denunciable. Estaría a Xunta ao corrente desta situación?? Demasiadas preguntas, que me parece que non están no seu lugar, cando transcurriron pouco máis de 48 horas dende o afundimento.
Seguir lendo…
Non vexo mal a caza, sempre e cando o final da presa sexa a mesa. Dende sempre o home, ó igual que os animais trata de sobrevivir, e para elo un dos métodos é a caza. A caza para comer paréceme ben, pero cazar polo simple feito de matar, paréceme arrepiante. E máis triste me parece que a isto lle chamen deporte.
Todo esto daría para discutir moito, e sinceramente non me apetece. So quero deixar constanza que dende a Federación Galega de Caza, están a anunciar os campionatos provinciais galegos de caza do raposo para este sábado día 12, e o campionato galego para o 27 de xaneiro. Pero o curioso é que non dan información ningunha de onde se van celebrar. Tan so redireccionan a un .pdf onde so din que “Estamos traballando neste programa”. Non será máis ben que o que pretenden é ocultar esta mal chamada “competición”.
Seguir lendo…
Se Castelao levantara a cabeza, íalles dicir catro cousas tanto a uns coma ós outros. I é que parece que lles falta tempo para afilialo cadacal ao seu partido.
Hoxe o BNG, con Anxo Quintana á cabeza, voltou homenaxear a este rianxeiro dous días antes do cabodano da súa morte. Onde aprobeitou para mostrar a súa pouca orixinalidade, coma outras veces: “Vivimos como galegos e galegas. Chegou a hora de votar tamén como galegos!”. A que vos recorda?? Mirade o enlace.
E claro dende o PSdG, Con todo isto que andan ás voltas de facer da casa de Castelao Ben de Interese Cultural, que a ver si se enteran dunha vez, a da Rúa de Abaixo non é a súa casa natal, que para alí foi vivir cando tiña catorce anos. En fin, que se puxeron celosos do acto do Bloque. Traquilos que a vos tócavos o día 30 de xaneiro, cabodano do seu nacemento.
Bueno por si queredes ver ambalas notas de prensa feitas públicas hoxe, aquí vos van:
A do BNG.
A do PSdG.
Por certo, estoume a acordar do PP. Cando soltaran aquelo de que: “Se Castelao vivise sería do PP”.
En fin, eu non sei que ten, que a Castelao todos lle queren ben.
Rianxo, primeiros en autoctonía.
Que que é eso de autoctonía?? Pois a porcentaxe do número de habitantes nacidos no seu lugar de residencia. Noutras palabras, que a maioría que vivimos en Rianxo, nacemos en Rianxo. E así, é por segundo ano consecutivo lideramos este ranking dos concellos galegos.
Esto ven recollido no Atlas Socioeconómico de Galicia do 2007, levado a cabo por Caixanova. Este dato non deixa de ser algo anecdótico. Xa que tamén se recollen datos que nos deberían preocupar. Como que ningún dos 315 municipios galegos alcanza a renta media estatal. Para pensalo, non?
Pero aínda hai outro dato que me fai cabilar un pouco máis. Dentro dos dez concellos máis pobres de Galiza son por este orden: A Laracha, Boiro, Arteixo, Porto do Son, Rianxo, Carballo, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Tomiño e Vilanova de Arousa. Que atopades aquí de curioso?? Pois si, todos os concellos do Barbanza!!!!! Isto si o lee algunha persoa foranea, pois podería creelo, pero sinceramente, creedes vos que nestes catro concellos existe esta “pobreza”??? Eu penso que non, ou polo menos eso non é o que refrexa os coches ou as casas que se poden ver pola comarca. Para min que todavía siguen a existir moitos cartos negros (ou sin alcohol ou en “B”, como lle queirades chamar), os cales, por suposto, salen de toda estatística posible.
Demasiado listo no Barbanza dame a min.
Unha leira solar china en Galicia.
Todo parecen facilidades para o empresario chino Cunhui Nan, para montar unha instalación fotovoltaica de 20 MW, en menos de un ano. Ocuparía unha extensión de 40 hectareas, máis ou menos 40 campos de fútbol, e sería instalado nalgún lugar da nosa comunidade.
Todo isto paréceme unha boa idea, se non fose, porque máis ben dame, que se trata de algún inversor espabilado con gañas de aprobeitamento. Sei de xente que quiso crear en Galiza, algunha leira solar destas, e todo foron inpedimentos, tendo que marchar para outras comunidades autónomas onde tiveron más facilidades. E ollo, non estou falando de fai máis que de ano e medio, por se alguén quere ver cores políticos. E agora resulta que ven un chino no seu jet privado, invitando a almorzar no Hostal dos Reis Católicos, a catro personaxes políticos e empresariais, e vai lograr todo en menos de nove meses. Que lle pregunten a calquer instalador, canto lle duraron tan so os trámites burocráticos.
I é que esta rapidez non se debe máis que a partir de setembro do 2008 vai entrar en vigor un novo modelo retributivo para estas instalacións fotovoltaicas, na que a principal reforma, será en que as primas recibidas polos prductores recurtaranse cada ano. Mentres que as instalacións xa creadas, manteranse no plan actual, é dicir, que sacará máis quiñón.
Hoxe por fin foi procramado campión do Tour 2006. Non foi sen tempo. Noraboa Oscar.

Á SGAE permítenlle facer o que lle peta.
A SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores), está a piques de rematar a súa sede en Compostela. Deixando a un lado a beleza do edificio, e por suposto a funcionalidade, quería comentar que se lles permitiu apoderarse de espazo público na rúa Salvadas en Vista Alegre. Como podedes ver na foto esa rampla e esa escaleira están na beirarrúa, e non pertencían aos terreos que o Consorcio de Santiago lle cedeu a esta organización de carácter privado.
O Concello de Santiago tragou, e agora están ampliando a beirarrúa para recuperar o seu ancho co que se perden uns 15 aparcadoiros. A escusa, “un problema derivado dun defecto no proxecto arquitectónico non detectado ó principio” -afirmou Bugallo, o alcalde-. E claro non lle van mandar tirar todo e que volvan a empezar, se total, co que nos están sangrando xa con canons. E estou totalmente dacordo, con Conde Roa (líder da oposición, PP), cando afirma: “hai entidades que parece que teñen bula sobre as legalidades urbanísticas“.
E que di a responsable de Rehabilitación e Cidade Histórica, a nacionalista Socorro García. Pois que no proxecto presentado ante o concello, a entrada do inmoble debería estar ó nivel da beirarrúa, cousa que é obvia que non se cumpre, pero…, que a ela lle veu “herdado” da anterior responsable, a socialista Mercedes Rosón (coidado os santiagueses que agora leva Urbanismo e Vivenda). Que maneira de botar balóns fora, por que os políticos case nunca asumen as súas responsabilidades??
Disposición adicional 17 da modificación da Lei da función pública de Galicia. Que que é isto?? Son 15.000 € anuais, para todos aqueles funcionarios que dende o ano 1.981, exerceran en algún momento como altos cargos da Xunta, coma senadores, coma deputados ou coma alcaldes, polo menos durante dous anos seguidos ou tres interrompidos. Esta modificación, que foi aprobada polo Parlamento Galego (e por unanimidade), fixa este complemento retributivo vitalicio anual até que calquera destes funcionarios ex-políticos acade a xubilación. Isto si que é unha boa primitiva carallo!!!
Unha das poucas veces que os tres grandes maiores grupos políticos, PP, PSOE e BNG, se puxeron dacordo!!! Incrible, se non fora claro está, que estamos a falar de cartos. I é que esta reforma da Lei, vaille beneficiar aos tres.
Pasemos ós números que tanto me gustan. Nalgúns medios afirman que esta reforma afectaralle a uns 4.000 EX (ex-altos cargos, ex-deputados, ex-senadores, ex-alcaldes) a día de hoxe. Collendo a calculadora comprobamos que este plus vainos custar @s galeg@s: 15.000 x 4.000 = 60.000.000 €!!!!!!! Si si, 60 millóns de euros ó ano (10 mil millóns das antigas pesetas para os que aínda non teñan moi claro o dos euros). Non sei se a cifra de 4.000 EX será a correcta, pois dende a administración non facilitaron estes datos (non me estraña). Pero o que nos ten que quedar claro é que estamos a falar de mooooooitos euros pola cara. Porque non entendo que é o que este plus vai compensar, acaso por pasar de ser funcionario a político, perden cartos?? Mais ben ó contrario, non si? Aínda que, pensándoo mellor, esta prima compensará ó que gañaban antes coma políticos. Claro, claro, si é que os non-políticos non o entendemos.
Seguir lendo…
A potencia sen control non sirve de nada 2.0
O primeiro de xuño publiquei “A potencia sen control non sirve de nada“. Pero dende onte que enviei a historia a Chuza!, nunca o fixera antes e quixen probar, as visitas e as lecturas do artigo multiplicáronse. Pero a miña sorpresa foi fai un pouco, cando vexo que en menos de 13 horas do día de hoxe que levamos, as visitas xa van por 69. Para que vos fagades unha idea, a media de visitas que recibe o blogue é de 16 ao día dende que empecei todo isto. O motivo?? Pois que Galegoman enviou o artigo a Menéame (como o Chuza! pero en castelán). Pero ademais tivo a xentileza de traducir todo o artigo e publicalo nos comentarios, grazas Suso.
E deixou un enlace a unha curtametraxe, que representa tal cal o que no seu día quixen expresar. Os protagonistas, Miguel de Lira e Víctor Mosqueira.
Anda que non se montou polémica sobor do hino galego nas galescolas. Pasa o de sempre, se un quere atopar problemas, acabaos atopando. Desputas a un lado, a letra é dun poema de Eduardo Pondal e a música de Pascual Veiga. Escoitao:
(Actualizado: no Explorer non funciona, pero si co Firefox.)
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Seguir lendo…
Meteogalicia, páxina de meteoroloxía.
Pois hoxe quérovos recomendar esta web galega adicada á predicción meteorolóxica na nosa comunidade.
MeteoGalicia naceu no ano 2000 froito dun convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e a Universidade de Santiago de Compostela, e ten como obxectivos principais a realización de unha predicción meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.
MeteoGalicia estructúrase en catro áreas principais; predicción operativa, predicción numérica, visualización e climatoloxía. Asemade, MeteoGalicia desenrola modelos meteorolóxicos, oceanográficos e de ondaxe de moi alta resolución para mellorar as súas prediccións meteorolóxicas.
Na súa web www.meteogalicia.es podedes atopar todo tipo de información relacionada con esta ciencia, dende mapas do satélite Meteosat 8, a información de cursos, e por suposto todo tipo de prediccións a curto ou medio prazo.
Internet é un gran arquivo histórico, e o Youtube unha gran ferramenta para o recordo:
Pois acabo de descubrir esta web, que naceu fai cinco días, adicada a toda a música feita na terra, en Galiza. Pero non so é unha web, é unha radio que emite as 24h do día sen interrupción. Pero non so é unha radio, é unha gramola onde podes elixir unha canción dunha bastante amplia lista.
Para escoitala non tes máis que picar en “Escoitar (ogg)” e abriráseche o reproductor que teñas por defecto no teu ordenador un arquivo .m3u o cal almacena a lista de reproducción. Como podes ver o formato das cancións está en .ogg, é dicir, que é libre, co cal non teñen que pagar licenzas. E como na propia web ven refrexado: “Todas as cancións incluídas no noso arquivo proveñen da propia WWW e foron publicadas no seu momento polos propios artistas, os seus representantes ou as súas discográficas. Todos os temas foron colocados por eles para a súa descarga libre e gratuíta”, co cal un chasco para os señores da SGAE.
A elección das cancións é moi sinxela, so tes que ir á pestana “Peticións”, e elixir entre os máis de 300 artistas algunha das súas cancións. Hai cabida para todos os estilos musicais, dende o Heavy máis duro ata a música tradicional, e para todos os idiomas, dende o galego ó inglés. Pero iso si, como xa dixen antes, todo feito na casa, “made in Galicia”.
Pois xa tes que escoitar mentres navegas… http://radio.blogaliza.org/
A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC), constituída fai pouco máis de seis meses, e que está formada por empresas galegas, as tres universidades, entidades financeiras galegas e a Xunta de Galicia, vai estudar a creación e o emprego dun satélite de comunicacións para tratar de reducir a “Fenda Dixital” que temos na nosa terra, porque ás compañías de telecomunicacións non lles é rendible inverter. Pero tamén se empregaría para mellorar as comunicacións marítimas e terrestres.
Isto sona moi bonito, pero a realidade é outra. Un satélite de telecomunicacións ten que ser xeoestacionario, isto quere dicir que ten que estar a unha altura duns 34.000 km para que estea virando a mesma velocidade angular que a Terra, para que así estea sempre sobre o mesmo punto sobre esta, neste caso Galicia. Un dos últimos satélites de telecomunicacións enviados o Espazo foi o NIGCOMSAT-1 nixeriano o pasado maio e o seu custo foi de 450 millóns de dólares. ¿Realmente é algo primordial empregar en isto 400 millóns de euros?
Seguir lendo…
Unha louvanza para o concello.
A miña intención non so é facer críticas do goberno municipal, simplemente é dicir as cousas como eu as vexo. Si as cousas están ben feitas, aplausos, si están mal, coscorróns, como facía algún mestre na súa época. E hoxe tócalle a primeira louvanza.
Noraboa a tódolos concelleiros da anterior corporación, por aprobar de forma unánime unha moción para promocionar a creación do dominio PuntoGal. Un dominio que busca representar a nosa lingua e a nosa cultura na rede de redes. E desta maneira converteron ó Concello de Rianxo no primeiro en apoiar esta iniciativa.
E ti si queres tamén podes apoiar isto, entra na súa web e firma. E si tes algunha páxina, podes engadir un dos banners que teñen para elo.
Se queres saber máis: www.puntogal.org
Cartografía dos apelidos de Galicia.
¿Queres coñecer onde e cantas persoas teñen o mesmo apelido que ti en Galicia? Pois aquí tes esta aplicación online para elo. É moi sinxela e ofrécenos diversas informacións como os lugares onde é máis frecuente, o número deles por concello e no total de Galicia, así como eses mesmos datos de maneira proporcional.
É un traballo conseguido polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (ILG), baseándose no censo de poboación de Galicia do ano 2001. E con el podemos coñecer a procedencia dos nosos apelidos, debido á pouca movilidade xeográfica dos galegos dentro do noso territerio, exceptuando por suposto a emigración ás sete grandes cidades galegas.
Ésta ferramenta pódela atopar na web do Instituto da Lingua Galega. Vótase de menos que houbera unha opción de comprobar os apelidos de cada concello, pero bueno, esperemos que na seguinte versión si é que a fan, a implementen un pouco.
Seguir lendo…
A potencia sen control non sirve de nada.
En Galicia xa se está preto de alcanzar os 3.000 MW de potencia en enerxía eólica. Se consideramos Galicia por si mesma, estaríamos a falar da sexta potencia eólica mundial -e a cuarta de Europa- despois de Alemaña, Estados Unidos, o resto de España, Dinamarca e a India. Dentro de España, Galicia representa o 25% da potencia eólica instalada. Pero os bos datos non quedan aí, pois a eficiencia dos parques na nosa terra e moi superior ó do resto do estado, chegando así a producir algo máis do 29% do total de España.
Aínda con todo isto seguemos a padecer cortes de luz e caídas de tensións debido ás vetustas redes eléctricas que en moitos dos nosos pobos todavía temos. ¿Isto é de xustiza? NON!!!. Eses 3.000 MW potencias darían para moitas persoas. Imos facer un cálculo.
En España o consumo enerxético pode alcanzar picos de ata 37.000 MW, se consideramos que somos uns 44 millóns de persoas, resulta que a cada un de nos corresponde 0,85 MW. Hai que sinalar que aquí tamén vai incluído o consumo enerxético de toda a industria, co que realmente a necesidade por persoa sería menor, con todo as cifras serán todavía pasmantes. Co que eses 3.000 MW darían para máis de 3,5 millóns de persoas. En Galicia somos 2,7 millóns.
Seguir lendo…
Pois esta é a última campaña levada a cabo pola Xunta de Galicia, para fomentar o emprego da nosa lingua.
Dende onte a Secretaría Xeral de Política Linguística, está a repartir nos hospitais da comunidade unha serie de regalos nos que se inclúe información, consellos, un pequeno caderno do embarazo, un portafotos, uns xogos de palabras recitativos para o bebé e un disco con cantos de berce interpretados polos músicos galegos Espido, Mercedes Peón, Luar na Lubre, Uxía e Xabier Díaz. Ademáis na “canastilla” vai inclúida unha lista con nomes galegos para os nenos, onde hai de todo, dende os máis comúns ós máis raros por se se quere que o fillo teña un nome singular.
Xeración e logo! é o eslogan escollido para animar ós pais a educar ós futuros en galego. Para que así os nenos poidan medrar nun ambiente bilingüe, que lles propicie unha maior capacidade intelectual e social. Recordar que neste sentido pola proximidade do galego co portugués, poderán chegar a entenderse con máis de 200 millóns de persoas que falan a lingua irmá polo mundo adiante.
Seguir lendo…

