Rianxo, Galicia, Boiro, Pobra, Ribeira
sábado, 22 de decembro de 2007, 01:35

Que que é eso de autoctonía?? Pois a porcentaxe do número de habitantes nacidos no seu lugar de residencia. Noutras palabras, que a maioría que vivimos en Rianxo, nacemos en Rianxo. E así, é por segundo ano consecutivo lideramos este ranking dos concellos galegos.

Esto ven recollido no Atlas Socioeconómico de Galicia do 2007, levado a cabo por Caixanova. Este dato non deixa de ser algo anecdótico. Xa que tamén se recollen datos que nos deberían preocupar. Como que ningún dos 315 municipios galegos alcanza a renta media estatal. Para pensalo, non?

Pero aínda hai outro dato que me fai cabilar un pouco máis. Dentro dos dez concellos máis pobres de Galiza son por este orden: A Laracha, Boiro, Arteixo, Porto do Son, Rianxo, Carballo, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Tomiño e Vilanova de Arousa. Que atopades aquí de curioso?? Pois si, todos os concellos do Barbanza!!!!! Isto si o lee algunha persoa foranea, pois podería creelo, pero sinceramente, creedes vos que nestes catro concellos existe esta “pobreza”??? Eu penso que non, ou polo menos eso non é o que refrexa os coches ou as casas que se poden ver pola comarca. Para min que todavía siguen a existir moitos cartos negros (ou sin alcohol ou en “B”, como lle queirades chamar), os cales, por suposto, salen de toda estatística posible.

Demasiado listo no Barbanza dame a min.


Máis información na Voz e no País.

Boiro
luns, 17 de setembro de 2007, 01:01

Chegaron a acordo no concello de Boiro, nada máis é nada menos que oito soldos políticos que todos os anos van ter que saír dos petos dos veciños. Tranquilamente serán uns 40 millóns das antigas pesetas ao ano.

Aínda que xa se vía vir, que eran rifirrafes de patio de colexio, a situación non deixa de sorprender, rozando incluso o absurdo. A verdade é que tiña un bo concepto de Deira, pero estes acontecementos fanme ver que son todos iguas, i este é un tópico que nunca me gustou, pero vai ser que ó final é verdade. Fai uns meses dicía, que “prefería voltar á ensinanza, antes que negociar con nenos“. E xestionou o seu regreso á docencia, ao igual que Xoán León. E agora resulta que “traga” todo o que Ares lle pedía por aquel entón, e claro marcha atrás aos seus regresos a ensinanza. É incrible que se lles permitan estas cousas. Parece que os políticos poden facer o que lles peta.

Ogallá que sala adiante a proposta de IU, onde esixe ao Goberno que redacte unha lei que regule as retribucións dos cargos públicos locais. E que deixen de poñerse os soldos a si mesmos, cos cartos dos veciños. Así veriamos a verdadeira vontade de traballar polo pobo, non polos cartos do pobo.

Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira
mércores, 8 de agosto de 2007, 11:22

Dende fai xa tempo deixei de ser asiduo lector de “La Voz de Galicia”, e agora nada máis que me achego a súa web cando teño algo de tempo. I é que as continuas meteduras de pata á hora de transmitir as novas, ás veces roldan o absurdo. Vale que poidan trabucarse, que non dean ven os datos dos lugares por descoñecemento, que cheguen a dar novas de acontecementos despois de que estes xa se produzan, en fin, cousas que ó mellor poderían ser “pasables” nun xornal de segunda.

Pero o que non pode ser de recibo, é que na edición do Barbanza, neste titular, afírmese que o programa músico-cultural “Vai de Camiño” comezará na comarca este fin de semana. Cando o pasado sábado 28 de xullo, como se pode ver no programa de actuacións, estiveron en Rianxo (que pertence ó Barbanza), a orquestra folk “Son de Seu”. Por favor, lede o artigo enteiro que non ten desperdicio.

E por certo xa postos a informar, en Boiro ademais de Susana Seivane, estará Emilio Rúa, cantautor do concello de Riós. E o domingo na Pobra estarán “Ruxe Ruxe” e “Dios k te Crew”, que ó xornalista esquecéuselle escribilo.

E se alguén coñece ó redactor, xa que o artigo non ven firmado, que lle explique a diferencia entre “oír” e “escoitar”.

Boiro
sábado, 14 de xullo de 2007, 21:46

Non pasou un mes dende o novo goberno e xa empezan cos encontroazos, a saber como rematan en Boiro. Todo fai pensar que van pasar catro anos de tiras e afloxas entre os frentistas e os socialistas. E esta semana Ares xa deu o primeiro espaldarazo a Deira, ó votar en contra das dedicacións dos representantes do pobo.

Todo sucedeu cando chegou a hora de corroborar as dedicacións exclusivas, e a polémica foi a de Xoán León como edil de urbanismo, xa que “rompía a igualdade”, dúas para o BNG e unha para o PSOE, e claro, Ares non está pola labor de verse coma segundón, quere estar á mesma altura que o alcalde. E con todo elo tanto Deira coma León, que son ambos mestres de profesión, din que xa redactaron sendos escritos para este luns remitirllos á Consellería de Educación, solicitando o seu regreso á docencia. Xa é a segunda vez que Deira “ameaza” con deixar a política nun segundo plano, isto xa empeza a parecer de patio de colexio. Aínda que si realmente envían esas solicitudes, o concello de Boiro vai aforrar uns cantos cartos, e Ares terá que voltar a conducir tódolos días pola Vía Rápida, perdón, pola futura Autovía do Barbanza. Desta maneira calquera persoa que tivera algo que falar có alcalde tería que desprazarse a Espiñeira, e esperar ós descansos das clases. Ademais os construtores tamén terían que ir buscar a León ó instituto. Isto é tan absurdo.

A ver señores políticos, sexan serios. Acaban de comezar a lexislatura e xa andan con miniñadas: “Agora non che deixo o balón, bueno, pois eu non che dou o caramelo”. Como sigan así dame que o van pagar dentro de catro anos.

Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira
xoves, 14 de xuño de 2007, 19:26

Pois que nun par de días verase quen apoia a quen nos gobernos locais. E a cousa está máis que clara en Rianxo, maioría para Pedro, en Ribeira, maioría para Colomer e na Pobra tamén maioría para Maceiras. Todos eles baixaron no número de votos como xa indiquei en “Resaca electoral“. Pero o que aínda non está demasiado claro, ou polo menos é o que intentan aparentar, é en Boiro.

A maioría, por 12 papeletas, do PP podería chegar a gobernar no concello. Máis se nos fixamos nos derradeiros ataques entre frentistas e socialistas. Deira dicindo que non lle importaría voltar á docencia, que por certo, ex-alumnos del dixéronme que non o facía nada mal. E Ares afirmando que ó mellor vota o sábado por si mesmo, e colocarse na oposición. O de Deira créomo, pero o de Ares… Estaría disposto a perder o soldo da dedicación exclusiva, do concello? Estaría disposto a voltar á fábrica a traballar? Sinceramente dubidoo moito. E dáme que vai pasar polo aro de Deira. O PSOE gañaría un concelleiro máis, pero o que tamén é certo, é que o BNG acadou a maior subida de votos, aínda que non lle concedesen ningún edil a maiores dos que tiña.

Seguir lendo…

Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira
luns, 28 de maio de 2007, 14:30

Pois poucos cambios en Rianxo. Destacar que ó PSOE, ainda que segue a conservar a maioría absoluta, votáronlle 861 persoas menos que no 2003, e tendo en conta que este ano non había unha cuarta candidatura, pódese afirmar que a Pedro déuselle un pau. O BNG aumentou en 559 votos e o PP en 451. A abstención tamén medrou, e moito, 848 en relación ó 2003 e 1596!!! comparado co ano 99. Co que seguiremos outros catro anos máis, en principio, con Pedro Piñeiro na alcaldía.

En Boiro gran batacazo do PP, perdeu 1558 votantes, e subidas dos demáis: 572 votos do BNG, 334 do PSOE e 131 de Velo. Pero hai algo moi curioso debido a lei de D’hondt, que é a formula que se aplica para elexir o numero de edís. O PP somentes sacou 12 votos máis en todo o concello que o BNG. Se os frentistas conseguiran un so voto máis que o PP (e decir 13 a maiores) o número 6 destes iría para o Bloque. O PSOE e Velo subindo menos que o BNG aumentaron un edil máis. Co que podemos ver que nestas eleccións en Boiro a lei de D’hondt perxudicou a Deira. E con estes resultados ó BNG chégalle so co apoio do PSOE para gobernar, ainda que podería haber outras posibilidades. Xa se verá.

Seguir lendo…

Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira
domingo, 27 de maio de 2007, 16:35

resultados dos concellos galegosPois en canto estén os resultados colgareinos. Ademáis de Rianxo, aparecerán tamén os da comarca…

Podes acceder a unha páxina da CRTVG adicada ás eleccións. Nela poderás consultar os escrutíneos de tódolos concellos galegos.

Rianxo:
PSOE - 3540 - 49.73 % - 9
BNG - 1737 - 24.40 % - 4
PP - 1725 - 24.23 % - 4

Boiro:
PP - 3500 - 32.02 % - 6
BNG - 3488 - 31.91 % - 5
PSOE - 2585 - 23.65 % - 4
IC - 1175 - 10.75 % - 2

Pobra:
PP - 3117 - 50.4 % - 9
BNG - 2257 - 36.5 % - 6
PSOE - 699 - 11.3 % - 2

Ribeira:
PP - 6865 - 48.94 % - 11
BNG - 3634 - 25.91 % - 6
PSOE - 1780 - 12.69 % - 2
IPDER - 1540 - 10.98 % - 2

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet