Pero quen dixo medo???!!!! A día de hoxe (15-01-2009) estamos no posto 23, veña hai que subila!!!!!!
Pincha e vota:
www.7mejores.es/AGuadalupeRianxo
Parece ser que a Aldea Maldita comeza a ter fama. En xullo de 2007 dei entrada a CAMIÑO ESQUECIDO, relato de Castelao, fai cousa de un mes e medio saiu na prensa e foi durante case unha semana o artigo máis lido de La Voz de Galicia, a raiz do cal o director e produtores do filme O Apóstolo, decidiron centrar a súa historia na Aldea Maldita de Abuín. E agora tocoulle o turno o programa Cuarto Milenio de Iker Jimenez.
En fin, que dentro de pouco quizais temos unha empresa querendo montar un parque temático. Conformemonos con que non se empece a destrozar esa fermosa zona do patrimonio rianxeiro coma xa pasou con outras.
Dáme a impresión que ó concello estáselle a ir todo das mans. A verdade é que non me resulta estraño dada a natureza deste tan selecto grupo de colaboradores de Pedro. Si é que xa se vía vir. Non me estraña que moitos dos socialistas de Rianxo rexeitaran, xa no 2002, a esta “lista” de Piñeiro. Onde queda demostrado que se rodeou de xente que non lle ía contrariar ningunha das súas decisións, secundando cada unha das palabras e feitos do mandatario. Coma beatos ante a “palabra do Señor”. E agora comézanse a ver os froitos desta xestión municipal. Podémoslles agradecer a todos eles, que Rianxo estea a saír máis que nunca na prensa, xa non so comarcal, se non que autonómica ou incluso ás veces estatal. Quizais sexa unha campaña turística???? (iso, iso, que se fale, aínda que sexa ben).
Seguir lendo…
Acércanse as consecuencias da política urbanística desenvolvida en Rianxo durante moitos anos. E empezan a saír á luz ilegalidades cometidas pola administración local en favor de uns poucos, e non da maioría.
Non so o caso de Ramos, se non que fai tan so unhas semanas coñecíase a orde de derribo de polo menos unha planta dun edificio situado en Rianxiño, será que de aquela o concello xa lle comezaba a ver as orellas ó lobo??. Ou a paralización dunha hospedaxe en Palleiro, que leva catro anos lista pero sen clientes pois carece de licenza municipal por estar construída nun chan rústico (os pobres aínda seguen coa web activa). Os seus donos confesan que o permiso de apertura era “de palabra”. Tamén se lle abriu un expediente sancionador ó concello pola destrución dun lavadoiro en Taragoña. E así poderiamos continuar, con irregularidades consentidas por parte do concello, e que tras denuncias, sempre de particulares, agora a xustiza actúa con ordes de derribo. Provocando desta maneira crispación entre os veciños.
Pero poderiamos afirmar que isto tan so é a punta do iceberg, e que casos coma estes están por vir. Se non, tempo. A xustiza é lenta, e os problemas veñen cando xa os pisos están habitados e hai que derrubalos, e claro, loxicamente os veciños solidarízanse coa xente. Coma é o caso de Ramos, a empresa vai vento en popa, e dando traballo a 16 persoas, pero agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordena o peche de actividade e o derribo da nave, provocada pola denuncia dun particular no ano 2000 cando comezaron as obras da empresa.
Seguir lendo…
En vista de que a cousa vai para longo, e como parece que cada vez se anda a falar máis da tan ansiada carencia de Rianxo, o parque empresarial, anuncio a creación dunha nova categoría: Póligono de Té.
E non podía ser doutra maneira que coas últimas novas anunciadas polo noso alcalde Pedro: “As obras do polígono comezarán no verán”. Asi o refrexan Diario de Arousa, La Voz de Galicia e canalriasbaixas.com.
Xa non sei se tomalo a cachondeo ou en serio. O de sempre. Afirmacións coma esas xa se fixeron no pasado como quedou indicado na primeira entrada desta categoria: Xa vai sendo hora. Xa choveu dende entón, pero a realidade é outra, i é que aínda non están adquiridos todos os terreos. Nada máis e nada menos que a metade deses 340.000 metros cadrados. 170.000 metros cadrados que pretenden mercar de aquí a seis meses…
Canta xente pode ser dona dun terreo nesa zona? A cifra non a sei, pero seguro que unhas cantas decenas polo menos. E se temos en conta que esa xente non accedeu á venda con anterioridade, dubido que agora llo poñan máis doado. Co que xa habería que meterse nun proceso de expropiación…
Seguir lendo…

Outra desfeita máis do noso patrimonio. E non se trata de gamberradas levadas a cabo por adolescentes sobrados de pubertade. Tampouco é cousa dunha construtora á que o único que lle interesa e facer pisos coma churros. Nin foi a natureza a que fixo desaparecer o secular peirao de Tanxil, no que tantos polbos se mallaron ou no que moitos rianxeiros deron as súas primeiras brazadas. Rematouse. Xa non existe. Destruírono.
Vaia rexeneración da praia, levando por diante outro cachiño de Rianxo. Non se trataba dunha simple pedra no medio do camiño. Tiña o seu propio nome e apelidos “O Muelle de Tanxil”. Paga a pena ter unha praia un pouco máis ancha e longa? Para que? Para que se converta nunha de tantas praias sen nada propio? Nin tan sequera agora a area vai a ser a area de Tanxil, esta quedou soterrada por area de canteira, ou noutras palabras rochas trituradas, dunha cor agrisada. Cal será o seguinte paso? Se cadra cortar os plátanos e tirar o muro de Baltar, e así facer un aparcadoiro ben grande para todos os turistas que van vir no mes de agosto.
Parece que a espera está a rematar. E esta é a nova imaxe da web do concello. Moito máis vistosa e máis acorde ca internet de hoxe en día. A web xa é accesible no seguinte enderezo: portelo.rianxo.com. Xa ten bastantes contidos, non todos pero parece que pouco a pouco vai medrando. Bueno, deíxovos que a miredes vós, e comentedes que vos parece.
E en canto á web atiga, se tratades de acceder á dirección de sempre: www.rianxo.com, atoparédesvos con un Voltamos axiña! E así leva uns meses. Pero podedes vela (alomenos polo de agora), se lle engadides calquer palabra despois do .com, por exemplo www.rianxo.com/tanxil.
Se Castelao levantara a cabeza, íalles dicir catro cousas tanto a uns coma ós outros. I é que parece que lles falta tempo para afilialo cadacal ao seu partido.
Hoxe o BNG, con Anxo Quintana á cabeza, voltou homenaxear a este rianxeiro dous días antes do cabodano da súa morte. Onde aprobeitou para mostrar a súa pouca orixinalidade, coma outras veces: “Vivimos como galegos e galegas. Chegou a hora de votar tamén como galegos!”. A que vos recorda?? Mirade o enlace.
E claro dende o PSdG, Con todo isto que andan ás voltas de facer da casa de Castelao Ben de Interese Cultural, que a ver si se enteran dunha vez, a da Rúa de Abaixo non é a súa casa natal, que para alí foi vivir cando tiña catorce anos. En fin, que se puxeron celosos do acto do Bloque. Traquilos que a vos tócavos o día 30 de xaneiro, cabodano do seu nacemento.
Bueno por si queredes ver ambalas notas de prensa feitas públicas hoxe, aquí vos van:
A do BNG.
A do PSdG.
Por certo, estoume a acordar do PP. Cando soltaran aquelo de que: “Se Castelao vivise sería do PP”.
En fin, eu non sei que ten, que a Castelao todos lle queren ben.
Outro ano máis e outro ano menos.
Outro ano máis e outro ano menos, quedamos como estabamos. Todos os anos por estas datas, sempre me lembro dunha tradición perdida do noso concello. E todos os anos tamén penso, a ver se este ano o volven a facer, pero nada, outro ano menos. Estiven a buscar fotos para ensinarvos a todos o que era. Recordarlle ós maiores e non tan maiores, mostrarlle ós máis novos, o que se facía todos os primeiros de decembro, na Praza Castealo. Pero non atopei ningunha. Que pena.
Todo comezaba con rumores, xa o elixiron…, xa o están a cortar…, miña nai, este ano non o van poder traer do grande que é…. E pola mañán cedo, sacaban a pedra e deixaban o burato aberto, os rianxeir@s que pasaban pola Praza xa non marchaban ata que chegara, e a xente comezaba a sorrir, agardando a entrada triunfal polo Cruce do Campo, a ver como sería ese ano… E entón na distancia, no fondo de Rinlo, escomezaba a albiscarse. Paseniño, como xigante que era, pouco a pouco se achegaba, ata que todo o mundo saía do Colón (claro como non, un rianxeiro onde vai estar, pois nun bar), para recibilo.
Veña!! Todos a axudar. E alá ían todos os homes, peito inflado, remangando as mangas da camisa. Primeiro un recoñecemento, Ummh!! Este ano é grande, non é? Pois si que o é, é enorme!!. E poderemos con el?? E como non imos poder. Bueno, bueno, pois non é pa tanto, cada ano vai a menos… (sempre hai algún disconforme). E escomezaban a atarlle cordas por todos lados, coma se dun chourizo se tratase. Axustabase a base no buraco, e uns cuantos situábanse para que entrara ben nel. As mulleres e os nenos, na balconada do Campo de Arriba, ó caron dos máis vellos, que coma sempre estaban a mirar e a criticar, Mira pra aí, serán burriños, así vailles caer pa babor… Esta xuventude, nos nosos tempos….
Seguir lendo…
O fin independentista de Pedro.
De todos é coñecida a non afiliacíon de Pedro Piñeiro ao PSOE, pola cal moitos do seu partido criticaron, e que non entendían que despois de tantos anos como cabeza de lista do partido en Rianxo, seguise coa súa condición de independente.
Nunha entrevista realizada polo mes de xullo, o alcalde respostaba así a unha pregunta con relación a esta independencia:
-A fin de contas, malia trece anos como alcalde socialista, segue a ser vostede independente.
-Iso non quere dicir nada. Eu fixen a promesa de que mentres fora alcalde sería independente, pero ao día seguinte de marchar serei afiliado do PSOE.
Pois dita promesa acaba de romperse. Unha persoa de moita confianza do rexidor, confirmoume que Pedro abandoou a súa condición de independente. Pedro xa está afiliado. Pero o que colleu a todos de súpeto, e polo que todos os mandamáis socialistas andan revoltos…
Seguir lendo…
Bonita imaxe, que mostra a estructura do xacemento do Castelo da Lúa, ó carón da desembodura do río Té. É digna de que a xente do Google Earth a inclúa, non si???
Foi publicada pola Consellería de Cultura e Deportes, xunto a outras imaxes da escavación que se está a levar a cabo para a posta en valor deste cachiño de terra no Pazo. E que se espera que para primeiros de ano xa estean rematados estes traballos de acondicionamento.
E como xa comentei noutra entrada alá por xuño, Patrimonio arqueolóxico de Rianxo, a ver se dende o concello fan algo máis polo noso patrimonio arqueolóxico.
Máis información das escavacións do Castelo da Lúa no “Xornal“.
Rianxo, primeiros en autoctonía.
Que que é eso de autoctonía?? Pois a porcentaxe do número de habitantes nacidos no seu lugar de residencia. Noutras palabras, que a maioría que vivimos en Rianxo, nacemos en Rianxo. E así, é por segundo ano consecutivo lideramos este ranking dos concellos galegos.
Esto ven recollido no Atlas Socioeconómico de Galicia do 2007, levado a cabo por Caixanova. Este dato non deixa de ser algo anecdótico. Xa que tamén se recollen datos que nos deberían preocupar. Como que ningún dos 315 municipios galegos alcanza a renta media estatal. Para pensalo, non?
Pero aínda hai outro dato que me fai cabilar un pouco máis. Dentro dos dez concellos máis pobres de Galiza son por este orden: A Laracha, Boiro, Arteixo, Porto do Son, Rianxo, Carballo, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Tomiño e Vilanova de Arousa. Que atopades aquí de curioso?? Pois si, todos os concellos do Barbanza!!!!! Isto si o lee algunha persoa foranea, pois podería creelo, pero sinceramente, creedes vos que nestes catro concellos existe esta “pobreza”??? Eu penso que non, ou polo menos eso non é o que refrexa os coches ou as casas que se poden ver pola comarca. Para min que todavía siguen a existir moitos cartos negros (ou sin alcohol ou en “B”, como lle queirades chamar), os cales, por suposto, salen de toda estatística posible.
Demasiado listo no Barbanza dame a min.
E resulta que marchan de Boiro porque levan catro anos con trámites. E queren vir para Rianxo para o polígono de Té… Pois non sei eu que rematarán antes.
Facer un centro comercial de 30.000 metros cadrados, case nada, e de que os van encher??? Persoalmente pareceme moi boa opción para o pobo, e sobre todo para a creación de emprego, que aínda que non sexan os 600 directos e outro tanto indirectos, a lista do parao seguro que baixaría. Os dirixentes de LcY din que o centro xiraría entorno a un hipermercado, e que o demais serían tendas. Sexamos sentatos, ascaso non sobran supermercados tanto en Rianxo coma no resto da comarca para a población que hai? En fin, eles farían os seus estudios, pero dame que os fixeron no mes de agosto.
A verdade e este tipo de centros, están a funcionar ben en pobos, como poden ser o caso de Lalín ou Cee, pero son un pouco máis acordes coa poboación que abarcan 12.700 e 10.500 metros cadrados respectivamente.
En fin, que todo o que sexa creación de postos de traballo benvido sexa.
O primeiro video da Rianxeira 07
Xa sabía eu que a cousa ía ir rápido… Está gravado dende a parte dereita da praza, onde está o circuliño na imaxe.
Incrible a xente que todos os anos enchemos a praza. Pero para os incrédulos que aínda non lles vale co vídeo, fixen uns cálculos:
A Praza de Castelao ten aproximadamente uns 3.000 metros cadrados (calquera de vos pode comprobalo co Sigpac que ten unha ferramenta para calcular áreas), e se poñemos que había 5 persoas por metro cadrado (e penso que se poderían poñer máis), da un total de 15.000 persoas que estábamos nos momentos de cantar a Rianxeira. Pero a isto habería que engadirlle toda a xente que estaba no Campo de Arriba, así como a que se quedou nas rúas que daba á praza. Co que se digo que puideron xuntarse unhas 20.000 almas cantando a Rianxeira, penso que non esaxero nada. Veremos as cifras que a partir de mañán saen nos medios.
So podo dicir que a Festa chegou o seu fin, e agora toca esperar outro ano. En canto teña un pouco máis de saúde tempo, intentarei buscar algún video, sobre todo de onte. Impresionante!!!
Hoxe toca: Día Infantil. Xogos inchábles no Paseo da Ribeira a partir das 11:30 e as 16:00. A festa da espuma será ás 13:30 na Praza Castelao. Ás 02:00 (xa do sábado 15), queimaremos as bengalas e cantaremos a Rianxeira, e despois da gran taca final de fogos, falará o Xixí, ó que lle volveremos pedir: “Po’ano 15 días”. Despois continuará a festa até ben entrada a mañá coas tres orquestras que este ano teñen a honra de tocar no “Último Día da Guadalupe”. Ahhh, recordade que a Comisión de Festas, ten preparada unha sorpresa final.
Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe de arriba ou visitade: www.guadaluperianxo.org
Ide ensallando con esta versión de “Astarot”:
Hoxe toca: Día das Tradicións Mariñeiras. O IV Feirón Mariñeiro “Vila do Mar” comezará ás 11:30 por todo o casco antigo do concello.
Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org
Hoxe toca: Día dos Nosos Maiores. Ademais da comilona, so para os maiores, ás 20:00 haberá que ir ver ó Mago Martín á Praciña, e as 21:30 no poli o partido de fútbol sala entre o Mexillón de Ouro e Automoción La Junquera.
Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org
Hoxe toca: Día de Padrón. Hoxe toca destacar o I Certame de Música Tradicional na Praza da Igrexa a partir das 19:00. Concurso de música tradicional. Podes ver as bases do concurso en www.guadaluperianxo.org
Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org
Hoxe toca: Día das Juadalupeñas, cos xogos ás 12:00, e a comilona no Campo de Arriba (comilona si, pero que cada un leve o seu).
Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org
Hoxe toca: A procesión marítica ás 13:00, en ofrenda á Virxe de Guadalupe ou Moreniña. Ás 00:00 os fogos artificiais.
Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org
Hoxe toca: a maiores do que podedes ver na imaxe, campionato de xadrez para equipos ás 16:00 no salón de actos do Cuartel Vello e ás 17:00 comezarán os partidos de voleibol no poli. A marcha cicloturista terá a súa xuntanza ás 16:00 na Praza Castelao, premendo aquí poderás ver unha imaxe có percorrido de 9,2 km deseñado pola Peña Castrobarbudo. O RianxoRock comezará ás 00:00 no Paseo da Ribeira cos grupos Zënzar e os rianxeiros The Middle Brains.
Hoxe a TVG emitirá ás 15:45 no programa Galicia Documental: “A GUADALUPE RIANXEIRA. A VIRXE NEGRA MÁIS POPULAR DE GALICIA“. Tratará sobre a canción da Rianxeira e da Festa ao longo da historia tanto nas américas como aquí en Rianxo, de onde haberá imaxes grabadas o ano pasado. Se queres podes ver a galega por internet en www.crtvg.es, e premendo en “tvg directo”.
Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe de arriba ou visitade: www.guadaluperianxo.org
Escoita unha canción dos Zënzar:
Quedan 8 días de Festa por diante, e parece que desta volta o tempo vai acompañar ca chegada do verán.
Hoxe toca “Chupitaso”, e actuacións bravús: Os Tres Trebóns e os Cuchufellos.
Pero…(sempre ten que haber algún pero? Pois si), dende o concello veñen de anunciar que van poñer 6.000 prazas de aparcamento de forma gratuíta, a disposición dos festeiros. Parece todo moi bonito, non si? Pero o que non din é que a xente vai ter que deixar o coche nunha leira, a escuras, fora do casco urbano e sen vixianza. Eu non quero presaxiar o que pode ocorrer, pero… Non sería moito mellor cobrar 1 ou 2 euros por coche e con eses cartos pagarlle a alguén que estivera nos “leiraparkings” como medida disuasoria?? A verdade é que polo menos eu quedaría moito máis tranquilo deixando o coche sabendo que hai alguén posto polo concello pendente del. En fin, esperemos que non haxa que lamentar que os amigos do alleo gocen da nocturnidade.
Ademais, no centro, reduciron o número de aparcadoiros, xa que en parte do Paseo da Ribeira, prohibirase estacionar. Tampouco se poderá aparcar no “Relleno” xa que están de obras, ou estarán as chiringuitadas. Onde está o tan bombeado aparcadoiro soterrado municipal nos baixos do mercado?? Anunciado alá por abril, que casualidade, as eleccións foron en maio.
O de sempre, e como xa dixen en algunha ocasión: Tarde, mal e arrastro.
Por certo, esta é a entrada número 50 desta bitácora. E cada día sodes máis xente os que a ledes.
Escoita unha canción de “Os Tres Trebóns”:
E outra dos “Cuchufellos”:
Xurxo Souto, pregoeiro da Guadalupe 07.
O ex-cantante de “Os Diplomáticos de Monte Alto”, será o encargado de pregoar nesta edición da Guadalupe.
Xurxo Souto é da Coruña, cantante, actor, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica-galego. Actualmente é o director e presentador de “Aberto por Reformas” na Radio Galega (de luns a venres ás 16:05). Tamén pertence ao grupo bravú de nova creación “Os tres Trebóns”, que a partir da media noite actuarán na mesma praza, xunto cos “Cuchufellos“.
Mañán poderemolo escoitar a partir das 23:30 na Praza Castelao, xusto antes do chupitaso.
Podedes escoitar a canción máis mítica dos Diplomáticos, “Eu quero ser, JAI-TEI-RO!!!!”
Por certo, se alguén dispón dun vídeo do pregón do ano pasado de Manquiña, que mo faga saber, por favor.
Campión de Europa. Dous rianxeiros na elite.
Esta mañá, Miguel Rodríguez Galbán canoista rianxeiro, proclamouse campión de Europa júnior de piragüismo en augas tranquilas en Belgrado (Servia). Impuxo o seu dominio durante toda a proba pasando primeiro nos 250 metros, e chegando á meta con unha vantaxe de 3/4 de segundo sobre o seguinte clasificado. Onte disputou a final dos 1.000 metros na que se quedou ás portas do podio por tan só 50 milésimas de segundo!!!!. Unha pena, máis se temos en conta que foi primeiro nos pasos dos 500m e os 750m. Finalizou cuarto nos 1.000m, pero hoxe conseguiu o ouro en C-1 500m. Ademais hai que destacar que Miguel é o actual subcampión do mundo junior nesta distancia. Noraboa Miguel.
Pero non foi o único rianxeiro presente na seleción española, Luis Figueira participou en C-2 xunto a André Oliveira de Pontecesures, rematando sextos nas semifinais dos 1.000m e quintos na de 500m.
Oxalá teñamos un rianxeiro nas Olinpiadas de Pekín.
Máis información na web do campionato: http://www.kayakec2007.com/
Onde estará a estatua da Guadalupe??
Fai xa dous anos e medio, alá polo xaneiro de 2005, que un guindastre retirou a escultura de Asorey coa escusa de que podía vir abaixo. As obras no Dique remataron xa fai moito tempo, e a balconada segue valeira. ¿Por canto tempo?
I é que xa se vía vir. Uns fortes temporais ao longo de varios invernos, provocaron o derrube de parte das paredes nas que se apoian os xardíns do Pazo de Baltar, así como tamén do camiño que levaba dende Quenxo até Tanxil. Isto provocou que a familia Baltar reclamase que se arranxaran eses destrozos que afectaban ás súas propiedades, pero estes non se producían, a guerra xa estaba armada. No inverno de 2004, gran parte da base de pedra na que se apoiaba a Virxe, viuse a baixo, e certo é que a estatua corría perigo. Os Baltar decidiron retirala, e aproveitaron para anunciar que ademais ían facerlle unha restauración. A día de hoxe os rianxeir@s seguemos sen coñecer o paradeiro da Rianxeira.
E todo indica que estas diferencias entre administracións e a familia Baltar, vai para longo, pois agora hai que engadirlle a posible expropiación da casa de Castelao (propiedade dos Baltar), que ven de anunciarse nos pasados días.
E a Virxe de Guadalupe estase empregando coma medida de presión, entre as xa, moitas diferencias de ambas partes. Como os fillos nas separacións dos pais.
Outro ano máis chegará a procesión marítima da Guadalupe, e a tradicional paradiña entre as dúas irmás non se repetirá por terceiro ano consecutivo.
Tamén e destacable o “I Certame de Música Tradicional”. Nesa sección poderedes comprobar as bases para o concurso, así como as partituras e as cancións de carácter obrigatorio do certame. Por certo cancións que ó igual que en “Radio Blogaliza”, están en formato .ogg (libre, por moito que ós da SGAE lle pese).
Na web tamén temos a opción de descargar os “Libros de Festas”, dende o deste ano que corre, até o do ano 2002, incluíndo o libro especial do 150 aniversario das Festas de Guadalupe de Rianxo, que se cumpriu fai tres anos.
Coma cousa curiosa gustaríame destacar que tras un ano de “desterro” a orquestra París de Noia volve a actuar na Guadalupe. Para os que non se lembren, fai dous anos tocoulles facer o “Fin de Festa”, e o que fixeron foi marchar antes de tempo, e iso á xente non lle gustou nada. Si algo caracteriza ás festas da Guadalupe de Rianxo, son eses intres finais de cada día, nos que a praza está chea de xente, e se a orquestra non se anima, xa sabedes: “Po ano non volvedes!!!!!”. Nin os romanos no Coliseum.
Seguir lendo…
Dende fai xa tempo deixei de ser asiduo lector de “La Voz de Galicia”, e agora nada máis que me achego a súa web cando teño algo de tempo. I é que as continuas meteduras de pata á hora de transmitir as novas, ás veces roldan o absurdo. Vale que poidan trabucarse, que non dean ven os datos dos lugares por descoñecemento, que cheguen a dar novas de acontecementos despois de que estes xa se produzan, en fin, cousas que ó mellor poderían ser “pasables” nun xornal de segunda.
Pero o que non pode ser de recibo, é que na edición do Barbanza, neste titular, afírmese que o programa músico-cultural “Vai de Camiño” comezará na comarca este fin de semana. Cando o pasado sábado 28 de xullo, como se pode ver no programa de actuacións, estiveron en Rianxo (que pertence ó Barbanza), a orquestra folk “Son de Seu”. Por favor, lede o artigo enteiro que non ten desperdicio.
E por certo xa postos a informar, en Boiro ademais de Susana Seivane, estará Emilio Rúa, cantautor do concello de Riós. E o domingo na Pobra estarán “Ruxe Ruxe” e “Dios k te Crew”, que ó xornalista esquecéuselle escribilo.
E se alguén coñece ó redactor, xa que o artigo non ven firmado, que lle explique a diferencia entre “oír” e “escoitar”.
Fai agora un mes que escribín “Xa vai sendo hora”, onde falaba sobre o polígono industrial, en relación ás novas aparecidas naquel día de que xa so quedaba un informe de Política Territorial, para que o parque tivera luz verde. Pois hoxe na Voz de Galicia dentro dunha serie de novas relacionadas cos parques empresariais na comarca, publícase unha pequena nota onde se afirma que o alcalde comenta que xa se dispón do informe de impacto ambiental a favor, e que agora ten que ser remitido á Dirección Xeral de Urbanismo e ó Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva. Pero imos a ver, ese informe leva feito dende fai máis de un mes e aínda non foi enviado??
Seguimos a quedarnos atrás. ¿Pero como se pode afirmar que en tres meses xa vai estar case todo o chan vendido, se todavía non se pode empezar a construír? ¿Acaso as empresas van esperar a que o polígono de Té estea feito dentro de sabe dios cando, mentres nos concellos veciños teñen chan listo para edificar?. En Catoira inaugurouse un parque empresarial fai pouco máis de quince días, en Boiro fai unha semana que se adxudicou a construción da segunda fase de Espiñeira.
Seguir lendo…
Hoxe sae publicado no Diario de Arousa, que a Consellería de Educación, vai facer melloras no Brea Segade de Taragoña, no Ana María Diéguez de Asados, e no A.D.R. Castelao de Rianxo. Ben. Pero di que será no mes de agosto. Nun mes pódense facer moitas cousas, pero non sei eu si dará tempo a arranxar todo o que estea mal ou simplemente serán unhas chapuciñas para facer calar a algúns pais.
I é que todo o que sexa mellorar sempre é benvido. E faime pensar, agora que a polémica rotonda a carón dos “grupos” está rematada, na que houbera sido a mellor solución debido ó pouco espazo que alí hai. No recinto do Colexio Castelao hai unha enorme superficie á que non se lle da uso ningún, non falo das dúas pistas deportivas, senón dos máis de 3.000 metros cadrados que están a eito. Pois nese recinto poderíase construír un bloque novo, e derrubar o que está preto do cruce (se non se quere ser tan drásticos, na China xa moven edificios enteiros de nove pisos e sete mil toneladas nunha semana, poderíaselle pedir consello, non?). E desa maneira gañar espazo público e aproveitar o terreo do colexio. Facendo así unha rotonda de xeito. So hai que fixarse nas manobras que teñen que facer os camións para bordeala, xa vin a máis dun ter que dar marcha atrás para salvala. Xa dixen que sería a mellor solución, non a máis económica.
Pero bueno, a noticia é que se van poñer a arranxar os desperfectos que teñen que soportar nenos e mestres. Amén.
Seguir lendo…
Un pasiño máis. Agora veremos se realmente isto será bo para Rianxo e como Pedro afirmou: “Serei alcalde por riba de todo (…) pelexarei por Rianxo”. Pois a ver si desta rematan as eternas obras do Auditorio, dependente totalmente da Deputación da Coruña, e que xa non sei cantos anos levan coa obra. Ó igual que a piscina, que a verdade é que están indo bastante rápido, e esperemos que así continúen ata o final. Pero bueno estes temas xa os tratarei noutra ocasión.
I é que por desgracia a política é así. Para que se faga algo nun pobo é necesario ter contactos “un pouco máis arriba”. Agora haberá que esperar a ver como posicionan a Pedro dende o seu partido. Blas García, secretario comarcal, dixo que incluso lle poderían outorgar unha área de goberno dentro da Deputación. Aínda que isto tamén se falara nas anteriores eleccións do 2003, e o final nin sequera fora deputado. Eu daquela entendino perfectamente, pois aínda que efectivamente Pedro leva moitos anos ó fronte do PSOE en Rianxo, segue a ser independente, non milita no PSOE, co que vexo normal que un non-militante non poda chegar a levar unha carteira. E agora, catro anos despois si accede. En fin, na política e na relixión o sentido común non ten sentido.
Pero a realidade é que Pedro Piñeiro vai pasar a formar parte activa da Deputación da Coruña, e veremos como afectará isto a Rianxo.
Segundo pleno da nova lexislatura.
Ó final serán catro as dedicacións remuneradas no concello, unha dedicación parcial menos que ata fai dous meses. Tres exclusivas (Pedro Piñeiro, Sonia Castaño e Marisa Resúa), e unha parcial (Carmen Figueira). Pero como xa era sabido, voltarase a contar cun xestor, e a maiores unha secretaria particular para o alcalde. Aínda que dende o PSOE din que non ten porque contratarse a ninguén para estes cargos. E pregúntome eu, se non se foran a ocupar, ¿por que se aproban esas prazas? En fin, mentiras cousas de políticos.
Pois Pedro terá de soldo neto 45.200 € ó ano (algo máis de 7 millóns e medio das antigas pesetas), ou o que é o mesmo, case 4.000 € ó mes, case nada!! Ein, pero vai cobrar 2.000 € menos que no anterior mandato. Bueno con ese soldo, 166 € ó mes case non se notan, non?
E as outras dúas exclusivas serán de algo máis de 26.000 € anuais cada unha (máis de 4 millóns 300 mil pts.)
A parcial será de 13.000 € (case uns 1.100 € ó mes). Caramba, soldo de mileurista por unha media xornada.
Seguir lendo…
Dende fai tempo estamos á espera desa nova páxina web do concello, pero como todo en Rianxo, a espera é longa. Moi rápidos en anunciar as cousas por ese gran afán de acadar unha modernización da administración local, pero o que nos deixan ver dende o concello é que as promesas ou tardan ou non se cumpren.
Recordo aquelas noticias de fai xa varios anos (concretamente do 2005), nas que se anunciaba que as obras do polígono ían comezar a finais do 2005, para que o polígono estivera urbanizado a finais de 2006. Pero a mediados dese 2005, era evidente que de polígono nada de nada, e saía esta outra noticia na que o alcalde pedía que se axilizaran as xestións para que se puidera empezar a principios do 2006. Pero todo seguía igual. E no ano 2006, cando xa o PSOE levaba un ano na Xunta e dous no Estado (comento esto por aquelo que decían que si dende a Xunta ou do Goberno central non axudaban), saían outras novas, nas que se afirmaba que os traballos de edificación comezarían a principios do 2007. Pero a realidade como case sempre supera á ficción, e xa estamos a mediados de 2007 e a realidade é outra. Nesta non se dan datas, pero si se di que todavía queda pendente o estudo de Política Territorial, e que “se as xestións se axilizan podería incluirse no último consello da Xunta antes das vacacións para non ter que agardar ata setembro, cando se retome a actividade administrativa”.
Seguir lendo…
Que di Pedro que vai facer algúns cambios no equipo do goberno, unha boa limpeza é o que lle facía falta, e non “pequenas renovacións”. I é que di que vai seguir mantendo a cinco tenentes de alcalde, jo*e, a cidade da Coruña vai ter nove e Compostela tan so un.
É dicir, que aparte do seu soldo imos ter que pagar a cinco políticos máis, e aínda así seguro que se seguirá contratando a un xestor. ¿Que pasa?, ¿e que se da conta que nin pagándolle a cinco tenentes de alcalde poden facer algo de xeito polo pobo?. Pero xa lles di ós seus, que haberá alguén que cobrou e que agora non o vai facer. Veña, veña, a lamerlle máis. Pero seguro que so será o único cambio que fixo na cabeza de lista, o do número catro. No 2003 foi Roberto Carlos, que agora descendeu ate o posto quince e non entrará no concello.
Seguir lendo…
Rianxo foi declarado onte como municipio de interese turístico galego. Para elo tivéronse que demostrar que no concello cúmprense unha serie de requisitos, entre eles o de ordenamento urbanístico. Dáme que as persoas que tiveron que corroborar o que por parte do concello se lle remitía á Xunta, non fixeron ben o seu traballo.
Non estou en contra desta distinción, por suposto que quero que Rianxo sexa recoñecido. Pero que confirmen que Rianxo posúe un ordenamento urbanístico, sen ter PXOM, non o entendo, se hai alguén que mo puidera explicar agradeceríallo. Deixo aí tres fotos que atopei por internet, e non son de sitios rebuscados precisamente.



Insisto, está ben que se acadara esta distinción. Quero recoñecer os esforzos da xente que traballou en conseguila. Pero…. (é que sempre ten que haber un pero), hoxe tamén sae na prensa que o Barbanza creou no 2006 máis emprego que Compostela e a súa área. E nun principio debería ser unha boa nova, e o é no conxunto da comarca, pero no que a Rianxo se refire, para nada.
Seguir lendo…
Xa queda menos para a decisión.
Pois que nun par de días verase quen apoia a quen nos gobernos locais. E a cousa está máis que clara en Rianxo, maioría para Pedro, en Ribeira, maioría para Colomer e na Pobra tamén maioría para Maceiras. Todos eles baixaron no número de votos como xa indiquei en “Resaca electoral“. Pero o que aínda non está demasiado claro, ou polo menos é o que intentan aparentar, é en Boiro.
A maioría, por 12 papeletas, do PP podería chegar a gobernar no concello. Máis se nos fixamos nos derradeiros ataques entre frentistas e socialistas. Deira dicindo que non lle importaría voltar á docencia, que por certo, ex-alumnos del dixéronme que non o facía nada mal. E Ares afirmando que ó mellor vota o sábado por si mesmo, e colocarse na oposición. O de Deira créomo, pero o de Ares… Estaría disposto a perder o soldo da dedicación exclusiva, do concello? Estaría disposto a voltar á fábrica a traballar? Sinceramente dubidoo moito. E dáme que vai pasar polo aro de Deira. O PSOE gañaría un concelleiro máis, pero o que tamén é certo, é que o BNG acadou a maior subida de votos, aínda que non lle concedesen ningún edil a maiores dos que tiña.
Seguir lendo…
Unha louvanza para o concello.
A miña intención non so é facer críticas do goberno municipal, simplemente é dicir as cousas como eu as vexo. Si as cousas están ben feitas, aplausos, si están mal, coscorróns, como facía algún mestre na súa época. E hoxe tócalle a primeira louvanza.
Noraboa a tódolos concelleiros da anterior corporación, por aprobar de forma unánime unha moción para promocionar a creación do dominio PuntoGal. Un dominio que busca representar a nosa lingua e a nosa cultura na rede de redes. E desta maneira converteron ó Concello de Rianxo no primeiro en apoiar esta iniciativa.
E ti si queres tamén podes apoiar isto, entra na súa web e firma. E si tes algunha páxina, podes engadir un dos banners que teñen para elo.
Se queres saber máis: www.puntogal.org
A culpa non é de ninguén. A solución virá sola. Isto é ó que un chega tras ler as distintas informacións aparecidas hoxe na prensa sobre o colexio Brea Segade.
As nais din que levan sufrindo no colexio unha praga de pulgas dende fai un ano, os mestres din que hai ratos, e a señora tenente de alcalde di que non é para tanto (si cando dixen que no equipo de goberno hai xente que non vale, non era ningún capricho). Os desprendementos de azulexos, humidades que fan que as paredes sexan negras, baños rotos, os desperfectos aínda sen arranxar dun curto circuíto dende fai dous anos. Todo isto ven recollido na prensa “La Voz de Galicia”, “El Correo Gallego” e no “Diario de Arousa”
O primeiro criticar ó consello escolar do colexio, pois si todo isto ven sucedendo dende fai tempo, por que eles non tomaron medidas antes, e tivo que ser iniciativa das nais? É máis, din que teñen superávit de 13.000 euros gracias a varios premios (ver o final da noticia do Correo). E non poderían usar eses cartos para arranxar o primordial e fumigar un pouco? e xa lle pasarían as contas a quen correspondese, ó concello ou á consellería. Ou hai un erro na noticia (que non sería a primeira vez), ou de verdade que non entendo nada.
Seguir lendo…
Patrimonio arqueolóxico de Rianxo.
En Rianxo temos a sorte de ter un gran patrimonio arqueolóxico. Aínda que poder acceder a el non é doado. Xa que a gran maioría de petroglifos ou mámoas, atópanse esparexidos polos montes do concello, e en moitos casos están ocultos pola maleza.
Como ben se di na web municipal, no ano 2001 fíxose a última prospección arqueolóxica co fin de catalogar os gravados rupestres, e no que se chegou a un total de 59. Gustaríame saber se existe algunha guía onde aparezan recollidos todas estas obras dos nosos antepasados, e que complete á que a principios dos 90 realizaron Xoán Andrés Fernández Castro, Moncho Ces e Pedro Piñeiro (si si, o actual alcalde). E si non a hai estaría ben que a xente que traballa en cultura, que non son poucos, a fixeran. Recollendo todos os vestixios, adxuntando fotos e algún mapa de como chegar ata eles. Xa teñen traballo adiantado, na páxina web do concello, onde podemos atopar nun mapa interactivo a situación de todos ou moitos deles. E xa postos que xe fixera un traballo completo, onde ademais tivera cabida o resto do patrimonio como muíños, cruceiros, pazos, castros, capelas, e todo aquelo que fora digno de visitar e sobre todo de conservar.
Seguir lendo…
Pois este día fun dar unha volta pola remodelada rúa Rinlo, e atopeime cun par de sorpresas. Unha por ben, polo menos para un futuro, e outra desastrosa.
Pois fixeime que “R” a compañía galega de telecomunicacións, debe ter feita a instalación da fibra optica en Rinlo. É un supoñer debido a que se poden apreciar as tapas de rexistro desta compañía nas beirarúas. Pero servizo polo de agora non está ofrecendo, co cal será para ter feita xa a instalación si é que algún día por parte do concello lle dan facilidades. E esto non mo invento eu, díxoo a directora xeral da Sociedade da Información, Elena Veiguela durante a firma dun convenio en Boiro, ala por febreiro: “Non teñen colaboración e a cousa estase a retrasar. É moi importante, por parte dos concellos -referíndose a Rianxo e a Pobra-, que boten unha man para que R poida cabrear e ofrecer servizo”. En Boiro a finais deste ano cerca de 5.000 persoas xa poderan obtar á oferta da empresa galega. Señores do concello, ¿vostedes non son progresistas? ¿Por que lle dan a espalda ó progreso?. Señores da oposición, xa sei que hai moitos asustos a tratar, pero póñanse as pilas, que para eso obtiveron o respaldo dos rianxeir@s.
Seguir lendo…
Por amainala conciencia guindei co meu título de médico no fondo dunha gabeta, e busquei outra maneira de me valer. As xentes xa non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial; mais unha noite foron requiridos os meus servicios.
Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min ó pé da porta. Deume as “boas noites” e rompeu a chorar, e por entre os saloucos saíanlle as verbas tan estruchadas que soamente logrou dicirme que tiña un fillo a morrer.
O pobre pai turraba por min, e eu deixábame levar, enfeitizado pola súa dor. ¡Despois de todo eu era médico titulado e non podía negarme! E tiven tan fortes anceios de compracelo que sentín xurdir nos meus adentros unha grande ciencia…
Cando chegamos á casa de Melchor logrei arriarme das súas mans, e con finxido acoitamento confeseille que sabía pouco da carreira…
Seguir lendo…
Primeiro día, primeira mentira.
Hoxe non quería falar de política, pero acabo de leer na prensa, no Diario de Arousa, unhas declaracíons de Vazquez, nas que minte.
Di que houberan sacado un edil máis se houberan obtido 37 votos máis. Esto non é certo. Nesta páxina: http://icon.cat/util/elecciones atoparedes un simulador da lei de D’hondt, onde se introducides os votos de cada candidato sáevos o número de edís que obteñen. Ademáis se a cousa está xusta, divos cal sería o seguinte candidato en obter representante e en detrimento de que outro partido. Bueno, pois para que o PP houbera obtido o asiento número 5, debería de ter 242 votos máis dos 1725 que obtiveron, todo elo contando claro está que no PSOE nin no BNG houbese diferencias (3540 e 1737 respectivamente).
Ademáis si un non quere usar esta ferramenta pode facelo manualmente. Veña, papel e boli, bueno e unha calculadora tamén. Para elo hai que poñer en tres columnas os números de votos de cada partido. Cada cifra a dividivos primeiro por 1, escribímola debaixo, despois por 2, logo por 3. E asi sucesivamente ata obter as 17 (que son o numero de concellais) cifras máis altas. E así é como quedaron:

Pois poucos cambios en Rianxo. Destacar que ó PSOE, ainda que segue a conservar a maioría absoluta, votáronlle 861 persoas menos que no 2003, e tendo en conta que este ano non había unha cuarta candidatura, pódese afirmar que a Pedro déuselle un pau. O BNG aumentou en 559 votos e o PP en 451. A abstención tamén medrou, e moito, 848 en relación ó 2003 e 1596!!! comparado co ano 99. Co que seguiremos outros catro anos máis, en principio, con Pedro Piñeiro na alcaldía.
En Boiro gran batacazo do PP, perdeu 1558 votantes, e subidas dos demáis: 572 votos do BNG, 334 do PSOE e 131 de Velo. Pero hai algo moi curioso debido a lei de D’hondt, que é a formula que se aplica para elexir o numero de edís. O PP somentes sacou 12 votos máis en todo o concello que o BNG. Se os frentistas conseguiran un so voto máis que o PP (e decir 13 a maiores) o número 6 destes iría para o Bloque. O PSOE e Velo subindo menos que o BNG aumentaron un edil máis. Co que podemos ver que nestas eleccións en Boiro a lei de D’hondt perxudicou a Deira. E con estes resultados ó BNG chégalle so co apoio do PSOE para gobernar, ainda que podería haber outras posibilidades. Xa se verá.
Seguir lendo…
Eleccións municipais do Barbanza 2007.
Pois en canto estén os resultados colgareinos. Ademáis de Rianxo, aparecerán tamén os da comarca…
Podes acceder a unha páxina da CRTVG adicada ás eleccións. Nela poderás consultar os escrutíneos de tódolos concellos galegos.
Rianxo:
PSOE - 3540 - 49.73 % - 9
BNG - 1737 - 24.40 % - 4
PP - 1725 - 24.23 % - 4
Boiro:
PP - 3500 - 32.02 % - 6
BNG - 3488 - 31.91 % - 5
PSOE - 2585 - 23.65 % - 4
IC - 1175 - 10.75 % - 2
Pobra:
PP - 3117 - 50.4 % - 9
BNG - 2257 - 36.5 % - 6
PSOE - 699 - 11.3 % - 2
Ribeira:
PP - 6865 - 48.94 % - 11
BNG - 3634 - 25.91 % - 6
PSOE - 1780 - 12.69 % - 2
IPDER - 1540 - 10.98 % - 2
Pois hoxe é o día no que todos debemos de meditar, reflexionar, cabilar e decidir o grupo de traballo que nos gustaría que nos gobernase nos próximos catro anos.
É día de valorar os proxectos futuros de cada candidatura, pero tamén debemos de analizar os traballos desenrolados pola alcaldía no período de tempo que remata hoxe, e recordar aquelas cousas que se prometeron e aí quedaron, pois vender fume é demasiado doado.
Temos que valorar tamén á oposición, que no caso particular de Rianxo non nos serve, xa que ningún dos alcaldables do 2003 vai repetir. Co que non sabemos como son, politicamente falando, e debemos fiarnos das súas verbas destas dúas semanas.
Co cal aquí temos o complicado, ou o sinxelo, cada un ten que decidir libremente a quen votar e a quen botar fora.
Seguir lendo…
Pois neste gráfico podedes comprobar como eleximos ós nosos representates municipais nas últimas tres lexislaturas.
Cabe destacar que no ano 99 a UV (Unidade Veciñal), non lle votou nin a familia, 101 votos.
Seguir lendo…




