Xeral
venres, 5 de decembro de 2008, 02:36
Fai xa uns cantos meses que a bitácora quedou en branco. I é que o barco entrou en dique seco. Pero xa lle queda pouco para voltar á navegar polo concello e pola comarca e pola actualidade en xeral, por esa mar de mentiras, medias verdades e algunha que outra realidade.
O varamento foi repentino por necesidade. A cousa facía auga. Pero tras unha boa reparación, man de minio e nova pintura, xa está para outra etapa de navegación.
Co que avisados quedades navegantes, todo o que se queira enrolar, adiante. Hai lugar para tod@s.

