Xeral
domingo, 14 de decembro de 2008, 18:50

Reportaxe: O ‘Caso Lierni’. Historia dunha extorsión ‘revolucionaria’.

http://www.elpais.com/articulo/espana/ETA/le/propone/pagar/cuota/anual/6000/euros/elpepuesp/20081214elpepinac_1/Tes

Tras lelo, podemos empezar a duvidar de todo, case case até de ti mesm@!!! Tremenda a última parte. Como se pode querer tanto a unha persoa, e o mesmo tempo poder ser unha asasina?? A “sinrazón”.

Rianxo, Galicia, Xeral
luns, 8 de decembro de 2008, 14:01


Parece ser que a Aldea Maldita comeza a ter fama. En xullo de 2007 dei entrada a CAMIÑO ESQUECIDO, relato de Castelao, fai cousa de un mes e medio saiu na prensa e foi durante case unha semana o artigo máis lido de La Voz de Galicia, a raiz do cal o director e produtores do filme O Apóstolo, decidiron centrar a súa historia na Aldea Maldita de Abuín. E agora tocoulle o turno o programa Cuarto Milenio de Iker Jimenez.

En fin, que dentro de pouco quizais temos unha empresa querendo montar un parque temático. Conformemonos con que non se empece a destrozar esa fermosa zona do patrimonio rianxeiro coma xa pasou con outras.

Xeral
venres, 5 de decembro de 2008, 02:36

Hércules e TrinidadFai xa uns cantos meses que a bitácora quedou en branco. I é que o barco entrou en dique seco. Pero xa lle queda pouco para voltar á navegar polo concello e pola comarca e pola actualidade en xeral, por esa mar de mentiras, medias verdades e algunha que outra realidade.

O varamento foi repentino por necesidade. A cousa facía auga. Pero tras unha boa reparación, man de minio e nova pintura, xa está para outra etapa de navegación.

Co que avisados quedades navegantes, todo o que se queira enrolar, adiante. Hai lugar para tod@s.

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet