Acércanse as consecuencias da política urbanística desenvolvida en Rianxo durante moitos anos. E empezan a saír á luz ilegalidades cometidas pola administración local en favor de uns poucos, e non da maioría.
Non so o caso de Ramos, se non que fai tan so unhas semanas coñecíase a orde de derribo de polo menos unha planta dun edificio situado en Rianxiño, será que de aquela o concello xa lle comezaba a ver as orellas ó lobo??. Ou a paralización dunha hospedaxe en Palleiro, que leva catro anos lista pero sen clientes pois carece de licenza municipal por estar construída nun chan rústico (os pobres aínda seguen coa web activa). Os seus donos confesan que o permiso de apertura era “de palabra”. Tamén se lle abriu un expediente sancionador ó concello pola destrución dun lavadoiro en Taragoña. E así poderiamos continuar, con irregularidades consentidas por parte do concello, e que tras denuncias, sempre de particulares, agora a xustiza actúa con ordes de derribo. Provocando desta maneira crispación entre os veciños.
Pero poderiamos afirmar que isto tan so é a punta do iceberg, e que casos coma estes están por vir. Se non, tempo. A xustiza é lenta, e os problemas veñen cando xa os pisos están habitados e hai que derrubalos, e claro, loxicamente os veciños solidarízanse coa xente. Coma é o caso de Ramos, a empresa vai vento en popa, e dando traballo a 16 persoas, pero agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordena o peche de actividade e o derribo da nave, provocada pola denuncia dun particular no ano 2000 cando comezaron as obras da empresa.
Loxicamente esta é unha decisión moi tráxica para o dono e os seus traballadores, pero estas situacións prodúcense cando dende o concello din: “ti dálle pa diante, que mentres ninguén che denuncie non vai pasar nada”, e a xente “dálle pa diante” pero aparecen as denuncias, e o cabo dos anos chegan as sentencias firmes.
E por que se dan estas situacións?? Pois pola política de “amiguismos” existente debido á carencia dun PXOM e o interese nulo de que exista. Redactar un Plan Xeral de Ordenación Municipal, conleva enfrontarse con donos de terreos que non están de acordo coa cualificación que se lle outorga á súa propiedade, o que conlevaría a redución de votos, que farían que a situación cómoda de “apousentarismo do sillón” non durase moitos anos. E entón déixanlle facer a uns e a outros non, e danse casos de construcións de edificios de catro ou máis plantas ó carón de casas mariñeiras de toda a vida (so hai que dar unha volta pola Ribeira). Ou o caso contrario, coa construción da casa unifamiliar con xardín diante e detrás, impedindo que nun futuro se poida abrir unha rúa nova no centro e centro do pobo (mirade unha vista aérea de Rianxo).
Mentres dende o concello non pensen no futuro, seguirán a pasar estas situacións. Isto recórdame a cando Velo era alcalde de Boiro, chamáronlle tolo por querer abrir unha rúa nova paralela a Rúa Principal, e abriuna. Hoxe en día é a Avenida da Constitución. Velo terá o que terá, pero non se pode negar que foi un acerto. Pensou no futuro que hoxe é o presente.
Pois isto é o que temos, foi o que eliximos, agora traguemos ou esixamos responsabilidades políticas. Aínda que haberá que esperar tres anos máis, e con todo xa veremos.


Podémolle engadir polo menos 4 naves industriais máis de recente creación na parroquia de ASADOS. Chan rústico, licencia para instalacións agropecuarias… Como se abra a veda… Todas ó chan e os prevaricadores inhabilitados.
Escrito por Manolo o 28 de febreiro de 2008, ás 21:39
Pois si, é o que temos, e o que merecemos.E agora Pedro ponse a botar culpas ós demais.Que asuma a súa responsabilidade que a ten,pa eso é o alcalde,ou que?Di que si o arquitecto municipal,que si o secretario,ou que si os informes técnicos,di que a licencia tamén a firmaron o PP e o BNG,e que o denunciante esixe que se leve a cabo a orde de derribo.SEÑOR ALCALDE ASUMA A SÚA CULPA E A DO SEU GOBERNO!!!!!E DEIXE DE TIRAR BALÓNS FORA!!!!
PEDRO DIMISIÓN!!!!!
E por certo,en Rinlo permitiuse que: se derrubase un muiño, se cambiase o cauce dun río, se secara o manatial dunha fonte (que bota agora auga da traida), a cal foi movida de sitio para permitir que se puideran abrir ventás do edificio. Que vos parece????
Escrito por Un de Rinlo o 29 de febreiro de 2008, ás 12:25
E non te olvides das ratas, que se van combertir no atractivo turístico nº1 do paseo.
Se xa se mofan de nos nas tiras comicas da Voz.
Dimisión da corporación en pleno xa!
Escrito por Patiño o 29 de febreiro de 2008, ás 15:55
me gustaria saber porque no dejar trabajar el hospedaje de palleiro cuando otros bares de cercania trabajan sin permiso y fuera de las leyes de sanidad echando las aguas usadas por el camino vecinal
Escrito por Anonymous o 8 de xuño de 2008, ás 12:32