
Outra desfeita máis do noso patrimonio. E non se trata de gamberradas levadas a cabo por adolescentes sobrados de pubertade. Tampouco é cousa dunha construtora á que o único que lle interesa e facer pisos coma churros. Nin foi a natureza a que fixo desaparecer o secular peirao de Tanxil, no que tantos polbos se mallaron ou no que moitos rianxeiros deron as súas primeiras brazadas. Rematouse. Xa non existe. Destruírono.
Vaia rexeneración da praia, levando por diante outro cachiño de Rianxo. Non se trataba dunha simple pedra no medio do camiño. Tiña o seu propio nome e apelidos “O Muelle de Tanxil”. Paga a pena ter unha praia un pouco máis ancha e longa? Para que? Para que se converta nunha de tantas praias sen nada propio? Nin tan sequera agora a area vai a ser a area de Tanxil, esta quedou soterrada por area de canteira, ou noutras palabras rochas trituradas, dunha cor agrisada. Cal será o seguinte paso? Se cadra cortar os plátanos e tirar o muro de Baltar, e así facer un aparcadoiro ben grande para todos os turistas que van vir no mes de agosto.


Non temolo muelle, soterraronos o dique, acapulco esta cheo de terra, a fonte non bota auga… Xa lles pode quedar ben esta nova praia, porque das antigas tres prais xa non queda case nada que se recoñeza. Teran que rebautizala,non? porque praia Tanxil-Pequena-Quenxo, pois como que non queda moi ben. En Rianxo eche o que hai!!
Escrito por Patiño o 14 de febreiro de 2008, ás 12:32
El otro día pasé por Tanxil y vi esta obra. Hoy entro en internet para leer comentarios sobre el tema y me encuentro estos 2 entre contados. A nadie más que a nosotros le indigna esta obra? Lo de Costas y los Ayuntamientos costeros está siendo de verguenza. Para “proteger” la costa se la están cargando… Cómo se pueden ser tan catetos y cargarse Galicia de esta manera?!?!
Escrito por Otro comentario o 13 de marzo de 2008, ás 09:23
Se queda mal, non volvo a esa Praia nunha temporada.
Escrito por Vistante Coruñes o 16 de marzo de 2008, ás 03:16
a min tampouco me gusta nada como están deixando a praia de Tanxil,a “area” esa k botaron..non é area senon polvillo,deixaron Tanxil peor do que estaba…
Escrito por Anonymous o 11 de abril de 2008, ás 14:56
Isto é unha tolería… os do Concello e os de Costas voltaronse absolutamente tolos… Pero qué tipo de obra é ista? Por qué queren tirar os cartos no que non aporta máis que destrozos? Xa a fixeron boa co paseo marítimo tirando o camiño de arriba, a casetiña que estaba na praia,… agora seguen a detrozar todo…
Escrito por Otro comentario o 15 de abril de 2008, ás 19:30