Acércanse as consecuencias da política urbanística desenvolvida en Rianxo durante moitos anos. E empezan a saír á luz ilegalidades cometidas pola administración local en favor de uns poucos, e non da maioría.
Non so o caso de Ramos, se non que fai tan so unhas semanas coñecíase a orde de derribo de polo menos unha planta dun edificio situado en Rianxiño, será que de aquela o concello xa lle comezaba a ver as orellas ó lobo??. Ou a paralización dunha hospedaxe en Palleiro, que leva catro anos lista pero sen clientes pois carece de licenza municipal por estar construída nun chan rústico (os pobres aínda seguen coa web activa). Os seus donos confesan que o permiso de apertura era “de palabra”. Tamén se lle abriu un expediente sancionador ó concello pola destrución dun lavadoiro en Taragoña. E así poderiamos continuar, con irregularidades consentidas por parte do concello, e que tras denuncias, sempre de particulares, agora a xustiza actúa con ordes de derribo. Provocando desta maneira crispación entre os veciños.
Pero poderiamos afirmar que isto tan so é a punta do iceberg, e que casos coma estes están por vir. Se non, tempo. A xustiza é lenta, e os problemas veñen cando xa os pisos están habitados e hai que derrubalos, e claro, loxicamente os veciños solidarízanse coa xente. Coma é o caso de Ramos, a empresa vai vento en popa, e dando traballo a 16 persoas, pero agora o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordena o peche de actividade e o derribo da nave, provocada pola denuncia dun particular no ano 2000 cando comezaron as obras da empresa.
Seguir lendo…


