Parece que a espera está a rematar. E esta é a nova imaxe da web do concello. Moito máis vistosa e máis acorde ca internet de hoxe en día. A web xa é accesible no seguinte enderezo: portelo.rianxo.com. Xa ten bastantes contidos, non todos pero parece que pouco a pouco vai medrando. Bueno, deíxovos que a miredes vós, e comentedes que vos parece.
E en canto á web atiga, se tratades de acceder á dirección de sempre: www.rianxo.com, atoparédesvos con un Voltamos axiña! E así leva uns meses. Pero podedes vela (alomenos polo de agora), se lle engadides calquer palabra despois do .com, por exemplo www.rianxo.com/tanxil.


Non ten mala pinta a nova paxina do concello, pero estan tardando moito en tela rematada. E como todalas obras do concello, que se executan tarde, mal, e a rastras. So hai que fixarse na piscina, o auditorio, a calle de rinlo… Vamos, o normal en Rianxo.
Escrito por Patiño o 23 de xaneiro de 2008, ás 15:00