Secretario nacional de CIG-MarParece incríble que tras acontecer un afundimento dun barco, onde por riba houbo afogados, salten á palestra persoeiros, que parece que o único que buscan é afán de protagonismo. Olvídanse que familiares e amigos estan a pasalo mal, e sucédense en declaracións os uns contra os outros.

Dende a CIG (ou o sindicato do BNG, como ben indica a bandeira da foto), non tardaron en facer unha rolda de prensa, para denunciar que aos helicópteros de rescate non lles funcionaban as camaras térmicas, pero ollo, dende o 2005!!!! E por que non revolotearon antes?? Son momentos estes?? Si é verdade que eses aparatos teñen esa tecnoloxía inutilizable, verdadeiramente é algo lamentable, e totalmente denunciable. Estaría a Xunta ao corrente desta situación?? Demasiadas preguntas, que me parece que non están no seu lugar, cando transcurriron pouco máis de 48 horas dende o afundimento.

E entre outras cousas que podedes leer na mesma web da CIG, Xabier Aboi, o seu secretario nacional de CIG-Mar afirma, á 1:10 minutos, unha hora e oito minutos antes da versión oficial, salta a radio baliza, denunciando así unha suposta falsedade dende Salvamento Marítimo, en canto á hora da alarma. E agora ven o máis triste, as descalificacións. Dende o PSdeG, Ceferino Díaz calificou de ignorante e irresponsable, ó secretario da CIG, xa que a hora que dende Salvamento Marítimo facilitaron, estaba en hora local, mentres que a hora da radio baliza era en UTC, que actualmente é unha hora menos.

Pois o de sempre, que de políticos e de sindicalistas non se pode esperar nada bo. Menos lingua e máis traballar polos intereses dos seus representados.

Mirade este vídeo de anosaterraTV sobre as primeiras informacións da man dun mariñeiro que rescatou a dous dos supervivintes: