Non vexo mal a caza, sempre e cando o final da presa sexa a mesa. Dende sempre o home, ó igual que os animais trata de sobrevivir, e para elo un dos métodos é a caza. A caza para comer paréceme ben, pero cazar polo simple feito de matar, paréceme arrepiante. E máis triste me parece que a isto lle chamen deporte.
Todo esto daría para discutir moito, e sinceramente non me apetece. So quero deixar constanza que dende a Federación Galega de Caza, están a anunciar os campionatos provinciais galegos de caza do raposo para este sábado día 12, e o campionato galego para o 27 de xaneiro. Pero o curioso é que non dan información ningunha de onde se van celebrar. Tan so redireccionan a un .pdf onde so din que “Estamos traballando neste programa”. Non será máis ben que o que pretenden é ocultar esta mal chamada “competición”.
E os políticos van continuar permitindo imaxes coma esta. Pensade, a morte destes bichos valen os catro votos???
Non deixedes de leer este interesante artigo de como “A Rianxeira” salvou a un raposo.
Actualización 17-01-08: Ó final a federación galega de caza, publicou os lugares, non sei se antes ou despois das matanzas. Cambiaron tamén a data do campeonato galego para o día 20 de xaneiro en Monforte, e anunciaron o campionato de nacional de caza do raposo, a celebrar o día 27 de xaneiro en Portomarín. E seguro que nuns días invéntanse outra.
Máis información contra a caza do raposo porque si en:
www.matarpormatarnon.org
www.20minutos.com

