Se Castelao levantara a cabeza, íalles dicir catro cousas tanto a uns coma ós outros. I é que parece que lles falta tempo para afilialo cadacal ao seu partido.
Hoxe o BNG, con Anxo Quintana á cabeza, voltou homenaxear a este rianxeiro dous días antes do cabodano da súa morte. Onde aprobeitou para mostrar a súa pouca orixinalidade, coma outras veces: “Vivimos como galegos e galegas. Chegou a hora de votar tamén como galegos!”. A que vos recorda?? Mirade o enlace.
E claro dende o PSdG, Con todo isto que andan ás voltas de facer da casa de Castelao Ben de Interese Cultural, que a ver si se enteran dunha vez, a da Rúa de Abaixo non é a súa casa natal, que para alí foi vivir cando tiña catorce anos. En fin, que se puxeron celosos do acto do Bloque. Traquilos que a vos tócavos o día 30 de xaneiro, cabodano do seu nacemento.
Bueno por si queredes ver ambalas notas de prensa feitas públicas hoxe, aquí vos van:
A do BNG.
A do PSdG.
Por certo, estoume a acordar do PP. Cando soltaran aquelo de que: “Se Castelao vivise sería do PP”.
En fin, eu non sei que ten, que a Castelao todos lle queren ben.


Home, a min paréceme que o partido que máis coincidente cos ideais de Castelao sería o Bloque sobre todo no idioma, e en todo o referente a independencia e o autogoberno de Galicia, ou non?
Escrito por Manolo o 8 de xaneiro de 2008, ás 21:48