Pedro PiñeiroDe todos é coñecida a non afiliacíon de Pedro Piñeiro ao PSOE, pola cal moitos do seu partido criticaron, e que non entendían que despois de tantos anos como cabeza de lista do partido en Rianxo, seguise coa súa condición de independente.

Nunha entrevista realizada polo mes de xullo, o alcalde respostaba así a unha pregunta con relación a esta independencia:

-A fin de contas, malia trece anos como alcalde socialista, segue a ser vostede independente.

-Iso non quere dicir nada. Eu fixen a promesa de que mentres fora alcalde sería independente, pero ao día seguinte de marchar serei afiliado do PSOE.

Pois dita promesa acaba de romperse. Unha persoa de moita confianza do rexidor, confirmoume que Pedro abandoou a súa condición de independente. Pedro xa está afiliado. Pero o que colleu a todos de súpeto, e polo que todos os mandamáis socialistas andan revoltos…… é que Pedro afiliouse ao Partido Popular!!!!

Será a última fichaxe de Mariano para tratar de acadar a presidencia do estado español? Veremos a Pedro como Minstro de Cultura (é o que mellor se lle da)? Ou pola contra é unha simple venganza contra o PSOE de Touriño, porque a súa maior reivindicación, o polígono industrial de Té, segue sendo fume de carozo?

En fin, que haberá que esperar a máis novas nos vindeiros días.

Inocentada