Rianxo, Escritos
luns, 31 de decembro de 2007, 12:48

Outro ano máis e outro ano menos, quedamos como estabamos. Todos os anos por estas datas, sempre me lembro dunha tradición perdida do noso concello. E todos os anos tamén penso, a ver se este ano o volven a facer, pero nada, outro ano menos. Estiven a buscar fotos para ensinarvos a todos o que era. Recordarlle ós maiores e non tan maiores, mostrarlle ós máis novos, o que se facía todos os primeiros de decembro, na Praza Castealo. Pero non atopei ningunha. Que pena.

Todo comezaba con rumores, xa o elixiron…, xa o están a cortar…, miña nai, este ano non o van poder traer do grande que é…. E pola mañán cedo, sacaban a pedra e deixaban o burato aberto, os rianxeir@s que pasaban pola Praza xa non marchaban ata que chegara, e a xente comezaba a sorrir, agardando a entrada triunfal polo Cruce do Campo, a ver como sería ese ano… E entón na distancia, no fondo de Rinlo, escomezaba a albiscarse. Paseniño, como xigante que era, pouco a pouco se achegaba, ata que todo o mundo saía do Colón (claro como non, un rianxeiro onde vai estar, pois nun bar), para recibilo.

Veña!! Todos a axudar. E alá ían todos os homes, peito inflado, remangando as mangas da camisa. Primeiro un recoñecemento, Ummh!! Este ano é grande, non é? Pois si que o é, é enorme!!. E poderemos con el?? E como non imos poder. Bueno, bueno, pois non é pa tanto, cada ano vai a menos… (sempre hai algún disconforme). E escomezaban a atarlle cordas por todos lados, coma se dun chourizo se tratase. Axustabase a base no buraco, e uns cuantos situábanse para que entrara ben nel. As mulleres e os nenos, na balconada do Campo de Arriba, ó caron dos máis vellos, que coma sempre estaban a mirar e a criticar, Mira pra aí, serán burriños, así vailles caer pa babor… Esta xuventude, nos nosos tempos….

Seguir lendo…

Rianxo
venres, 28 de decembro de 2007, 08:17

Pedro PiñeiroDe todos é coñecida a non afiliacíon de Pedro Piñeiro ao PSOE, pola cal moitos do seu partido criticaron, e que non entendían que despois de tantos anos como cabeza de lista do partido en Rianxo, seguise coa súa condición de independente.

Nunha entrevista realizada polo mes de xullo, o alcalde respostaba así a unha pregunta con relación a esta independencia:

-A fin de contas, malia trece anos como alcalde socialista, segue a ser vostede independente.

-Iso non quere dicir nada. Eu fixen a promesa de que mentres fora alcalde sería independente, pero ao día seguinte de marchar serei afiliado do PSOE.

Pois dita promesa acaba de romperse. Unha persoa de moita confianza do rexidor, confirmoume que Pedro abandoou a súa condición de independente. Pedro xa está afiliado. Pero o que colleu a todos de súpeto, e polo que todos os mandamáis socialistas andan revoltos…
Seguir lendo…

Rianxo
luns, 24 de decembro de 2007, 16:27

Castelo da LúaBonita imaxe, que mostra a estructura do xacemento do Castelo da Lúa, ó carón da desembodura do río Té. É digna de que a xente do Google Earth a inclúa, non si???

Foi publicada pola Consellería de Cultura e Deportes, xunto a outras imaxes da escavación que se está a levar a cabo para a posta en valor deste cachiño de terra no Pazo. E que se espera que para primeiros de ano xa estean rematados estes traballos de acondicionamento.

E como xa comentei noutra entrada alá por xuño, Patrimonio arqueolóxico de Rianxo, a ver se dende o concello fan algo máis polo noso patrimonio arqueolóxico.


Máis información das escavacións do Castelo da Lúa no “Xornal“.

Rianxo, Galicia, Boiro, Pobra, Ribeira
sábado, 22 de decembro de 2007, 01:35

Que que é eso de autoctonía?? Pois a porcentaxe do número de habitantes nacidos no seu lugar de residencia. Noutras palabras, que a maioría que vivimos en Rianxo, nacemos en Rianxo. E así, é por segundo ano consecutivo lideramos este ranking dos concellos galegos.

Esto ven recollido no Atlas Socioeconómico de Galicia do 2007, levado a cabo por Caixanova. Este dato non deixa de ser algo anecdótico. Xa que tamén se recollen datos que nos deberían preocupar. Como que ningún dos 315 municipios galegos alcanza a renta media estatal. Para pensalo, non?

Pero aínda hai outro dato que me fai cabilar un pouco máis. Dentro dos dez concellos máis pobres de Galiza son por este orden: A Laracha, Boiro, Arteixo, Porto do Son, Rianxo, Carballo, Ribeira, Pobra do Caramiñal, Tomiño e Vilanova de Arousa. Que atopades aquí de curioso?? Pois si, todos os concellos do Barbanza!!!!! Isto si o lee algunha persoa foranea, pois podería creelo, pero sinceramente, creedes vos que nestes catro concellos existe esta “pobreza”??? Eu penso que non, ou polo menos eso non é o que refrexa os coches ou as casas que se poden ver pola comarca. Para min que todavía siguen a existir moitos cartos negros (ou sin alcohol ou en “B”, como lle queirades chamar), os cales, por suposto, salen de toda estatística posible.

Demasiado listo no Barbanza dame a min.


Máis información na Voz e no País.

Xeral
mércores, 19 de decembro de 2007, 23:08

Deterse tan so un par de minutos, a analizar os datos que este reloxo nos mostra, e de seguro que se vos porán os pelos de punta.

Cantas persoas morren cada minuto, cantas hectáreas son deforestadas cada dez segundos, ou como vai aumentando o quecemento global da Terra. Amósanos en tempo real multitude de datos estatísticos, que nos fan pensar, ou non?

Se queredes máis información non deixedes de visitar a páxina dos seus autores: www.poodwaddle.com

Galicia
sábado, 8 de decembro de 2007, 15:07



Galicia
mércores, 5 de decembro de 2007, 15:59

Leira solarTodo parecen facilidades para o empresario chino Cunhui Nan, para montar unha instalación fotovoltaica de 20 MW, en menos de un ano. Ocuparía unha extensión de 40 hectareas, máis ou menos 40 campos de fútbol, e sería instalado nalgún lugar da nosa comunidade.

Todo isto paréceme unha boa idea, se non fose, porque máis ben dame, que se trata de algún inversor espabilado con gañas de aprobeitamento. Sei de xente que quiso crear en Galiza, algunha leira solar destas, e todo foron inpedimentos, tendo que marchar para outras comunidades autónomas onde tiveron más facilidades. E ollo, non estou falando de fai máis que de ano e medio, por se alguén quere ver cores políticos. E agora resulta que ven un chino no seu jet privado, invitando a almorzar no Hostal dos Reis Católicos, a catro personaxes políticos e empresariais, e vai lograr todo en menos de nove meses. Que lle pregunten a calquer instalador, canto lle duraron tan so os trámites burocráticos.

I é que esta rapidez non se debe máis que a partir de setembro do 2008 vai entrar en vigor un novo modelo retributivo para estas instalacións fotovoltaicas, na que a principal reforma, será en que as primas recibidas polos prductores recurtaranse cada ano. Mentres que as instalacións xa creadas, manteranse no plan actual, é dicir, que sacará máis quiñón.

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet