Os biocombustibles poden alterar máis o clima.
Este podería ser o resumo do estudio presentado polo Premio Nobel de Química Paul J. Crutzen. Pero hai que matizar esa afirmación. I é que non sería o emprego destes bioconbustibles os que contribuirían ó quecemento da Terra, se non o emprego de fertilizantes para a producción da colza (empregada en Europa para a producción do biodiesel) e do millo (para a obtención de bioetanol, o substituto da gasolina). É dicir, que como habería que plantar un maior número de hectareas con estes cultivos, o emprego de fertilizantes para unha maior producción, tamén aumentaría. A gran maioría de fertilizantes están compostos a base de nitróxeno, e dos cales se desprende á atmósfera óxido nitróxeno, que ten até case 300 veces máis poder de quecemento global que o dióxido de carbono.
Co que habería que pensar en buscar outro tipo de fertilización para estes productos agrícolas, ou outras materias primas para a obtención de biocombustibles. Anos hai dende que en Galicia apareceu un home explicando que a partir do toxo se podía obter un aceite moi parecido ao gasoleo. Daquela sonaba a tolería, que iso aínda que fora posible, aparecerían ás grandes multinacionais para aplastar ao paisaniño. Está claro que aínda que hai moito toxo nos montes galegos, non sería suficiente como para abastecer todo o parque automobilístico nacional, cicais mesmo da nosa Galicia, pero polo menos axudaría.
Seguir lendo…

