Sede da SGAE en CompostelaA SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores), está a piques de rematar a súa sede en Compostela. Deixando a un lado a beleza do edificio, e por suposto a funcionalidade, quería comentar que se lles permitiu apoderarse de espazo público na rúa Salvadas en Vista Alegre. Como podedes ver na foto esa rampla e esa escaleira están na beirarrúa, e non pertencían aos terreos que o Consorcio de Santiago lle cedeu a esta organización de carácter privado.

O Concello de Santiago tragou, e agora están ampliando a beirarrúa para recuperar o seu ancho co que se perden uns 15 aparcadoiros. A escusa, “un problema derivado dun defecto no proxecto arquitectónico non detectado ó principio” -afirmou Bugallo, o alcalde-. E claro non lle van mandar tirar todo e que volvan a empezar, se total, co que nos están sangrando xa con canons. E estou totalmente dacordo, con Conde Roa (líder da oposición, PP), cando afirma: “hai entidades que parece que teñen bula sobre as legalidades urbanísticas“.

E que di a responsable de Rehabilitación e Cidade Histórica, a nacionalista Socorro García. Pois que no proxecto presentado ante o concello, a entrada do inmoble debería estar ó nivel da beirarrúa, cousa que é obvia que non se cumpre, pero…, que a ela lle veu “herdado” da anterior responsable, a socialista Mercedes Rosón (coidado os santiagueses que agora leva Urbanismo e Vivenda). Que maneira de botar balóns fora, por que os políticos case nunca asumen as súas responsabilidades??