Esta é unha das dúas medidas que vai levar a cabo o Goberno para a emancipación dos xóvenes en España, os que máis tarde marchan da casa de toda Europa.
210 euros mensuais de forma directa para todos os xóvenes inquilinos menores de 30 anos durante catro anos, sempre que os ingresos anuais non superen os 22.000 euros brutos. Isto cúmpreno oito de cada dez. Ademais ofreceráselle un préstamo, aínda non se saben as condicións, de 600€ para o pago da fianza e un aval de seis meses.
A segunda medida é de carácter fiscal e afectará a todas as persoas que vivan de aluguer, os que poderán deducir un 10,05%, sen límite de idade pero si de ingresos netos, 24.000€ anuais. Fai oito anos unha dedución similar foi suprimida polo goberno de Aznar, seguro que algúns nin se acordan.
E paralelamente a isto anúnciase unha dedución fiscal do 100% dos ingresos derivados do aluguer a menores de 35 anos, para os propietarios que decidan ceder a súa vivenda.
Esperemos que con todo isto non pase como na anterior medida da Xunta de Fraga, na que os propietarios declaraban unha cantidade e despois ó inquilino lle cobraban máis, xusto o que a xunta lle daba ó inquilino.
Medidas electorais?? Por suposto. Non hai máis que ver os derradeiros meses, 2.500€ por bebé, a ampliación de catro días máis dos permisos de paternidade, a subida das pensións mínimas, gratuidade do dentista até os 15 anos, e agora a vivenda. O seguinte paso, esperemos que teña en conta a actual precariedade nos contratos laborais, que non dan estabilidade ningunha.
E agora a dúbida ben de onde se van sacar todos estes cartos para que todo isto pase de promesas a feitos. Pois iso xa é cousa de Solbes, pero se compran menos mísiles, tanques e demais armamento, e lle deixan de dar cartos á Igrexa, non se terá que comer tanto a cachola.


Gostaría lérades esta nova que sae no País www.elpais.com/articulo/espana/plan/estrella/Gobierno/alquiler/calca/medida/vigor/2004/elpepunac/20070919elpepinac_1/Tes
A suposta medida estrela xa estaba vixente e, con máis contía!
Escrito por missangas o 19 de setembro de 2007, ás 08:52