Cartos a esgalla para o PSOE e BNG de Boiro.
Chegaron a acordo no concello de Boiro, nada máis é nada menos que oito soldos políticos que todos os anos van ter que saír dos petos dos veciños. Tranquilamente serán uns 40 millóns das antigas pesetas ao ano.
Aínda que xa se vía vir, que eran rifirrafes de patio de colexio, a situación non deixa de sorprender, rozando incluso o absurdo. A verdade é que tiña un bo concepto de Deira, pero estes acontecementos fanme ver que son todos iguas, i este é un tópico que nunca me gustou, pero vai ser que ó final é verdade. Fai uns meses dicía, que “prefería voltar á ensinanza, antes que negociar con nenos“. E xestionou o seu regreso á docencia, ao igual que Xoán León. E agora resulta que “traga” todo o que Ares lle pedía por aquel entón, e claro marcha atrás aos seus regresos a ensinanza. É incrible que se lles permitan estas cousas. Parece que os políticos poden facer o que lles peta.
Ogallá que sala adiante a proposta de IU, onde esixe ao Goberno que redacte unha lei que regule as retribucións dos cargos públicos locais. E que deixen de poñerse os soldos a si mesmos, cos cartos dos veciños. Así veriamos a verdadeira vontade de traballar polo pobo, non polos cartos do pobo.


Mira unha cousa… Cantos soldos politicos hai en Rianxo??? Sábelo?
Escrito por MANOLO o 22 de setembro de 2007, ás 23:39
Manoliño, a ver se antes de falar les un pouco, mira, nese enlace podes ver o que escribeu fai case 3 meses:
www.rianxo.blogsome.com/2007/07/07/segundo-pleno-da-nova-lexislatura/
Escrito por Para MANOLO o 24 de setembro de 2007, ás 18:56
Mira unha cousiña, a ver se eres capaz de decir que foi o que fixo o PP para coseguir o Polígono, porque creo que + ou - o mesmo que o PSOE… Estiveches na reunion que houbo no cuartel vello na que un técnico da Conselleria de Vivenda e Solo explicou que:
1º Non existia ningun trámite ata fai aprox 18 meses
2º Non existe ningunha reserva de parcelas(do que alguns presumen)
Escrito por MANOLO o 25 de setembro de 2007, ás 21:30
Ah! Os soldos dos concellais de Boiro, non son proporcionais ó desenrrolo comparados cos de Rianxo. Se asi fose en Boiro deberia cobrar o doble, ou non?
Escrito por MANOLO o 25 de setembro de 2007, ás 21:32