Pz. Castelao-RianxoXa sabía eu que a cousa ía ir rápido… Está gravado dende a parte dereita da praza, onde está o circuliño na imaxe.

Incrible a xente que todos os anos enchemos a praza. Pero para os incrédulos que aínda non lles vale co vídeo, fixen uns cálculos:



A Praza de Castelao ten aproximadamente uns 3.000 metros cadrados (calquera de vos pode comprobalo co Sigpac que ten unha ferramenta para calcular áreas), e se poñemos que había 5 persoas por metro cadrado (e penso que se poderían poñer máis), da un total de 15.000 persoas que estábamos nos momentos de cantar a Rianxeira. Pero a isto habería que engadirlle toda a xente que estaba no Campo de Arriba, así como a que se quedou nas rúas que daba á praza. Co que se digo que puideron xuntarse unhas 20.000 almas cantando a Rianxeira, penso que non esaxero nada. Veremos as cifras que a partir de mañán saen nos medios.