Tres caradurasDisposición adicional 17 da modificación da Lei da función pública de Galicia. Que que é isto?? Son 15.000 € anuais, para todos aqueles funcionarios que dende o ano 1.981, exerceran en algún momento como altos cargos da Xunta, coma senadores, coma deputados ou coma alcaldes, polo menos durante dous anos seguidos ou tres interrompidos. Esta modificación, que foi aprobada polo Parlamento Galego (e por unanimidade), fixa este complemento retributivo vitalicio anual até que calquera destes funcionarios ex-políticos acade a xubilación. Isto si que é unha boa primitiva carallo!!!

Unha das poucas veces que os tres grandes maiores grupos políticos, PP, PSOE e BNG, se puxeron dacordo!!! Incrible, se non fora claro está, que estamos a falar de cartos. I é que esta reforma da Lei, vaille beneficiar aos tres.

Pasemos ós números que tanto me gustan. Nalgúns medios afirman que esta reforma afectaralle a uns 4.000 EX (ex-altos cargos, ex-deputados, ex-senadores, ex-alcaldes) a día de hoxe. Collendo a calculadora comprobamos que este plus vainos custar @s galeg@s: 15.000 x 4.000 = 60.000.000 €!!!!!!! Si si, 60 millóns de euros ó ano (10 mil millóns das antigas pesetas para os que aínda non teñan moi claro o dos euros). Non sei se a cifra de 4.000 EX será a correcta, pois dende a administración non facilitaron estes datos (non me estraña). Pero o que nos ten que quedar claro é que estamos a falar de mooooooitos euros pola cara. Porque non entendo que é o que este plus vai compensar, acaso por pasar de ser funcionario a político, perden cartos?? Mais ben ó contrario, non si? Aínda que, pensándoo mellor, esta prima compensará ó que gañaban antes coma políticos. Claro, claro, si é que os non-políticos non o entendemos.

Supoño que estaremos todos dacordo en afirmar que esta reforma da Lei, aínda que lexítima por orde e gracia dos nosos politicuchos, cando menos é indecente na nosa comunidade, onde o salario mínimo interprofesional é pouco máis da metade (666€) dese plus, onde a pensión MEDIA galega anda polos 563€, que por certo, É A MÁIS BAIXA DE ESPAÑA!!!!!!, e onde o número de parados anda polos 140 mil (actualización 04/09/07 ás 14:20: datos ofrecidos hoxe polo Ministerio de Traballo), dós que hai moitos que non cobran nin 400€. E agora veñen os nosos gobernantes e adxudícanlle un plus de 1.250€ ao mes a uns funcionarios, onde os do grupo máis baixo, o E, xa están cobrando un mínimo de 1.177,25€. Até o de agora, pagamos ós nosos políticos mentres nos están a representar, agora a algúns, ímoslles pagar para toda a súa vida profesional, porque a eles lles da a gana.

Pero dentro de todo este absurdo, aínda queda alguén con ética. Encarna Otero (BNG), Directora Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda, e funcionaria no ensino medio, nun artigo publicado en Vieiros instoulle a@s seus compañeir@s do goberno galego que fagan “insubmisión” coa Disposición adicional 17. O que xa xerou crispacións tanto no PP coma no PSOE, de onde de forma cínica afirmaron: “Teño entendido que é delito a desobediencia ás leis”. O iluminado foi Ricardo Varela, secretario de Organización do PSdeG, e tamén Conselleiro de Traballo.

Xa se escomezou unha recollida de firmas para que esta reforma á Lei non siga adiante: www.nuncamais.org

Volven mexar por nós, pero esta vez son galegos, imos seguir dicindo que chove?? NUNCA MÁIS!!!!