Potenzia
mércores, 26 de setembro de 2007, 19:13


Xeral
martes, 25 de setembro de 2007, 13:05

Na seguinte imaxe hai algo encriptado. Se alguén o consigue leer por favor que copie o seu contido e que o escriba nos “Comentarios”.

qrcode

Ribeira
luns, 24 de setembro de 2007, 19:25

Si señor, estivolle ben empregado, quiso ir de “guai” e non chegou a “chachi”. J.C.C non se matou de miragre. Alégrome que non lle pasara nada, pero espero que lle fagan pagar o seu intento de atallo ou de eludir un control policial, e se ía bébedo, seguro que co susto pasoulle de súpeto.

Mira que ben queda

Podedes ver a nova aquí.

Galicia
mércores, 19 de setembro de 2007, 01:37

Sede da SGAE en CompostelaA SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores), está a piques de rematar a súa sede en Compostela. Deixando a un lado a beleza do edificio, e por suposto a funcionalidade, quería comentar que se lles permitiu apoderarse de espazo público na rúa Salvadas en Vista Alegre. Como podedes ver na foto esa rampla e esa escaleira están na beirarrúa, e non pertencían aos terreos que o Consorcio de Santiago lle cedeu a esta organización de carácter privado.

O Concello de Santiago tragou, e agora están ampliando a beirarrúa para recuperar o seu ancho co que se perden uns 15 aparcadoiros. A escusa, “un problema derivado dun defecto no proxecto arquitectónico non detectado ó principio” -afirmou Bugallo, o alcalde-. E claro non lle van mandar tirar todo e que volvan a empezar, se total, co que nos están sangrando xa con canons. E estou totalmente dacordo, con Conde Roa (líder da oposición, PP), cando afirma: “hai entidades que parece que teñen bula sobre as legalidades urbanísticas“.

E que di a responsable de Rehabilitación e Cidade Histórica, a nacionalista Socorro García. Pois que no proxecto presentado ante o concello, a entrada do inmoble debería estar ó nivel da beirarrúa, cousa que é obvia que non se cumpre, pero…, que a ela lle veu “herdado” da anterior responsable, a socialista Mercedes Rosón (coidado os santiagueses que agora leva Urbanismo e Vivenda). Que maneira de botar balóns fora, por que os políticos case nunca asumen as súas responsabilidades??

Xeral
martes, 18 de setembro de 2007, 16:19

Chacón e ZapateroEsta é unha das dúas medidas que vai levar a cabo o Goberno para a emancipación dos xóvenes en España, os que máis tarde marchan da casa de toda Europa.

210 euros mensuais de forma directa para todos os xóvenes inquilinos menores de 30 anos durante catro anos, sempre que os ingresos anuais non superen os 22.000 euros brutos. Isto cúmpreno oito de cada dez. Ademais ofreceráselle un préstamo, aínda non se saben as condicións, de 600€ para o pago da fianza e un aval de seis meses.

A segunda medida é de carácter fiscal e afectará a todas as persoas que vivan de aluguer, os que poderán deducir un 10,05%, sen límite de idade pero si de ingresos netos, 24.000€ anuais. Fai oito anos unha dedución similar foi suprimida polo goberno de Aznar, seguro que algúns nin se acordan.

E paralelamente a isto anúnciase unha dedución fiscal do 100% dos ingresos derivados do aluguer a menores de 35 anos, para os propietarios que decidan ceder a súa vivenda.

Seguir lendo…

Boiro
luns, 17 de setembro de 2007, 01:01

Chegaron a acordo no concello de Boiro, nada máis é nada menos que oito soldos políticos que todos os anos van ter que saír dos petos dos veciños. Tranquilamente serán uns 40 millóns das antigas pesetas ao ano.

Aínda que xa se vía vir, que eran rifirrafes de patio de colexio, a situación non deixa de sorprender, rozando incluso o absurdo. A verdade é que tiña un bo concepto de Deira, pero estes acontecementos fanme ver que son todos iguas, i este é un tópico que nunca me gustou, pero vai ser que ó final é verdade. Fai uns meses dicía, que “prefería voltar á ensinanza, antes que negociar con nenos“. E xestionou o seu regreso á docencia, ao igual que Xoán León. E agora resulta que “traga” todo o que Ares lle pedía por aquel entón, e claro marcha atrás aos seus regresos a ensinanza. É incrible que se lles permitan estas cousas. Parece que os políticos poden facer o que lles peta.

Ogallá que sala adiante a proposta de IU, onde esixe ao Goberno que redacte unha lei que regule as retribucións dos cargos públicos locais. E que deixen de poñerse os soldos a si mesmos, cos cartos dos veciños. Así veriamos a verdadeira vontade de traballar polo pobo, non polos cartos do pobo.

Rianxo
domingo, 16 de setembro de 2007, 01:15

Pz. Castelao-RianxoXa sabía eu que a cousa ía ir rápido… Está gravado dende a parte dereita da praza, onde está o circuliño na imaxe.

Incrible a xente que todos os anos enchemos a praza. Pero para os incrédulos que aínda non lles vale co vídeo, fixen uns cálculos:



A Praza de Castelao ten aproximadamente uns 3.000 metros cadrados (calquera de vos pode comprobalo co Sigpac que ten unha ferramenta para calcular áreas), e se poñemos que había 5 persoas por metro cadrado (e penso que se poderían poñer máis), da un total de 15.000 persoas que estábamos nos momentos de cantar a Rianxeira. Pero a isto habería que engadirlle toda a xente que estaba no Campo de Arriba, así como a que se quedou nas rúas que daba á praza. Co que se digo que puideron xuntarse unhas 20.000 almas cantando a Rianxeira, penso que non esaxero nada. Veremos as cifras que a partir de mañán saen nos medios.

Rianxo
sábado, 15 de setembro de 2007, 13:41

So podo dicir que a Festa chegou o seu fin, e agora toca esperar outro ano. En canto teña un pouco máis de saúde tempo, intentarei buscar algún video, sobre todo de onte. Impresionante!!!

Rianxo
venres, 14 de setembro de 2007, 10:52

Programa para o venres 14Hoxe toca: Día Infantil. Xogos inchábles no Paseo da Ribeira a partir das 11:30 e as 16:00. A festa da espuma será ás 13:30 na Praza Castelao. Ás 02:00 (xa do sábado 15), queimaremos as bengalas e cantaremos a Rianxeira, e despois da gran taca final de fogos, falará o Xixí, ó que lle volveremos pedir: “Po’ano 15 días”. Despois continuará a festa até ben entrada a mañá coas tres orquestras que este ano teñen a honra de tocar no “Último Día da Guadalupe”. Ahhh, recordade que a Comisión de Festas, ten preparada unha sorpresa final.

Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe de arriba ou visitade: www.guadaluperianxo.org

Ide ensallando con esta versión de “Astarot”:


Rianxo
xoves, 13 de setembro de 2007, 11:06

Programa para o xoves 13Hoxe toca: Día das Tradicións Mariñeiras. O IV Feirón Mariñeiro “Vila do Mar” comezará ás 11:30 por todo o casco antigo do concello.

Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org

Rianxo
mércores, 12 de setembro de 2007, 09:13

Programa para o mercores 12Hoxe toca: Día dos Nosos Maiores. Ademais da comilona, so para os maiores, ás 20:00 haberá que ir ver ó Mago Martín á Praciña, e as 21:30 no poli o partido de fútbol sala entre o Mexillón de Ouro e Automoción La Junquera.

Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org

Rianxo
martes, 11 de setembro de 2007, 09:21

Programa para o martes 11Hoxe toca: Día de Padrón. Hoxe toca destacar o I Certame de Música Tradicional na Praza da Igrexa a partir das 19:00. Concurso de música tradicional. Podes ver as bases do concurso en www.guadaluperianxo.org

Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org

Rianxo
luns, 10 de setembro de 2007, 10:57

Programa para o luns 10Hoxe toca: Día das Juadalupeñas, cos xogos ás 12:00, e a comilona no Campo de Arriba (comilona si, pero que cada un leve o seu).

Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org

Rianxo
domingo, 9 de setembro de 2007, 12:09

Programa para o domingo 9Hoxe toca: A procesión marítica ás 13:00, en ofrenda á Virxe de Guadalupe ou Moreniña. Ás 00:00 os fogos artificiais.

Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe do lado ou visitade: www.guadaluperianxo.org

Rianxo
sábado, 8 de setembro de 2007, 10:31

Programa para o sabado 8Hoxe toca: a maiores do que podedes ver na imaxe, campionato de xadrez para equipos ás 16:00 no salón de actos do Cuartel Vello e ás 17:00 comezarán os partidos de voleibol no poli. A marcha cicloturista terá a súa xuntanza ás 16:00 na Praza Castelao, premendo aquí poderás ver unha imaxe có percorrido de 9,2 km deseñado pola Peña Castrobarbudo. O RianxoRock comezará ás 00:00 no Paseo da Ribeira cos grupos Zënzar e os rianxeiros The Middle Brains.

Hoxe a TVG emitirá ás 15:45 no programa Galicia Documental: “A GUADALUPE RIANXEIRA. A VIRXE NEGRA MÁIS POPULAR DE GALICIA“. Tratará sobre a canción da Rianxeira e da Festa ao longo da historia tanto nas américas como aquí en Rianxo, de onde haberá imaxes grabadas o ano pasado. Se queres podes ver a galega por internet en www.crtvg.es, e premendo en “tvg directo”.

Recordade que se queredes ver o programa do día, pinchade a imaxe de arriba ou visitade: www.guadaluperianxo.org

Escoita unha canción dos Zënzar:

Rianxo
venres, 7 de setembro de 2007, 11:47

Programa para o venres 7Arrancamos….. Todos abordo!!!

Quedan 8 días de Festa por diante, e parece que desta volta o tempo vai acompañar ca chegada do verán.

Hoxe toca “Chupitaso”, e actuacións bravús: Os Tres Trebóns e os Cuchufellos.

Pero…(sempre ten que haber algún pero? Pois si), dende o concello veñen de anunciar que van poñer 6.000 prazas de aparcamento de forma gratuíta, a disposición dos festeiros. Parece todo moi bonito, non si? Pero o que non din é que a xente vai ter que deixar o coche nunha leira, a escuras, fora do casco urbano e sen vixianza. Eu non quero presaxiar o que pode ocorrer, pero… Non sería moito mellor cobrar 1 ou 2 euros por coche e con eses cartos pagarlle a alguén que estivera nos “leiraparkings” como medida disuasoria?? A verdade é que polo menos eu quedaría moito máis tranquilo deixando o coche sabendo que hai alguén posto polo concello pendente del. En fin, esperemos que non haxa que lamentar que os amigos do alleo gocen da nocturnidade.

Ademais, no centro, reduciron o número de aparcadoiros, xa que en parte do Paseo da Ribeira, prohibirase estacionar. Tampouco se poderá aparcar no “Relleno” xa que están de obras, ou estarán as chiringuitadas. Onde está o tan bombeado aparcadoiro soterrado municipal nos baixos do mercado?? Anunciado alá por abril, que casualidade, as eleccións foron en maio.

O de sempre, e como xa dixen en algunha ocasión: Tarde, mal e arrastro.

Por certo, esta é a entrada número 50 desta bitácora. E cada día sodes máis xente os que a ledes.

Escoita unha canción de “Os Tres Trebóns”:

E outra dos “Cuchufellos”:

Rianxo
xoves, 6 de setembro de 2007, 15:00

Xurso Souto, pregoeiro Guadalupe 07O ex-cantante de “Os Diplomáticos de Monte Alto”, será o encargado de pregoar nesta edición da Guadalupe.

Xurxo Souto é da Coruña, cantante, actor, acordeonista, escritor, locutor e licenciado en filoloxía clásica-galego. Actualmente é o director e presentador de “Aberto por Reformas” na Radio Galega (de luns a venres ás 16:05). Tamén pertence ao grupo bravú de nova creación “Os tres Trebóns”, que a partir da media noite actuarán na mesma praza, xunto cos “Cuchufellos“.

Mañán poderemolo escoitar a partir das 23:30 na Praza Castelao, xusto antes do chupitaso.

Podedes escoitar a canción máis mítica dos Diplomáticos, “Eu quero ser, JAI-TEI-RO!!!!”


Por certo, se alguén dispón dun vídeo do pregón do ano pasado de Manquiña, que mo faga saber, por favor.

Galicia
martes, 4 de setembro de 2007, 00:16

Tres caradurasDisposición adicional 17 da modificación da Lei da función pública de Galicia. Que que é isto?? Son 15.000 € anuais, para todos aqueles funcionarios que dende o ano 1.981, exerceran en algún momento como altos cargos da Xunta, coma senadores, coma deputados ou coma alcaldes, polo menos durante dous anos seguidos ou tres interrompidos. Esta modificación, que foi aprobada polo Parlamento Galego (e por unanimidade), fixa este complemento retributivo vitalicio anual até que calquera destes funcionarios ex-políticos acade a xubilación. Isto si que é unha boa primitiva carallo!!!

Unha das poucas veces que os tres grandes maiores grupos políticos, PP, PSOE e BNG, se puxeron dacordo!!! Incrible, se non fora claro está, que estamos a falar de cartos. I é que esta reforma da Lei, vaille beneficiar aos tres.

Pasemos ós números que tanto me gustan. Nalgúns medios afirman que esta reforma afectaralle a uns 4.000 EX (ex-altos cargos, ex-deputados, ex-senadores, ex-alcaldes) a día de hoxe. Collendo a calculadora comprobamos que este plus vainos custar @s galeg@s: 15.000 x 4.000 = 60.000.000 €!!!!!!! Si si, 60 millóns de euros ó ano (10 mil millóns das antigas pesetas para os que aínda non teñan moi claro o dos euros). Non sei se a cifra de 4.000 EX será a correcta, pois dende a administración non facilitaron estes datos (non me estraña). Pero o que nos ten que quedar claro é que estamos a falar de mooooooitos euros pola cara. Porque non entendo que é o que este plus vai compensar, acaso por pasar de ser funcionario a político, perden cartos?? Mais ben ó contrario, non si? Aínda que, pensándoo mellor, esta prima compensará ó que gañaban antes coma políticos. Claro, claro, si é que os non-políticos non o entendemos.

Seguir lendo…

Rianxo
domingo, 2 de setembro de 2007, 13:56

Miguel Rodríguez GalbánEsta mañá, Miguel Rodríguez Galbán canoista rianxeiro, proclamouse campión de Europa júnior de piragüismo en augas tranquilas en Belgrado (Servia). Impuxo o seu dominio durante toda a proba pasando primeiro nos 250 metros, e chegando á meta con unha vantaxe de 3/4 de segundo sobre o seguinte clasificado. Onte disputou a final dos 1.000 metros na que se quedou ás portas do podio por tan só 50 milésimas de segundo!!!!. Unha pena, máis se temos en conta que foi primeiro nos pasos dos 500m e os 750m. Finalizou cuarto nos 1.000m, pero hoxe conseguiu o ouro en C-1 500m. Ademais hai que destacar que Miguel é o actual subcampión do mundo junior nesta distancia. Noraboa Miguel.

Pero non foi o único rianxeiro presente na seleción española, Luis Figueira participou en C-2 xunto a André Oliveira de Pontecesures, rematando sextos nas semifinais dos 1.000m e quintos na de 500m.

Oxalá teñamos un rianxeiro nas Olinpiadas de Pekín.

Máis información na web do campionato: http://www.kayakec2007.com/

Galicia
13:30

O primeiro de xuño publiquei “A potencia sen control non sirve de nada“. Pero dende onte que enviei a historia a Chuza!, nunca o fixera antes e quixen probar, as visitas e as lecturas do artigo multiplicáronse. Pero a miña sorpresa foi fai un pouco, cando vexo que en menos de 13 horas do día de hoxe que levamos, as visitas xa van por 69. Para que vos fagades unha idea, a media de visitas que recibe o blogue é de 16 ao día dende que empecei todo isto. O motivo?? Pois que Galegoman enviou o artigo a Menéame (como o Chuza! pero en castelán). Pero ademais tivo a xentileza de traducir todo o artigo e publicalo nos comentarios, grazas Suso.

E deixou un enlace a unha curtametraxe, que representa tal cal o que no seu día quixen expresar. Os protagonistas, Miguel de Lira e Víctor Mosqueira.


Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet