Dende fai xa tempo deixei de ser asiduo lector de “La Voz de Galicia”, e agora nada máis que me achego a súa web cando teño algo de tempo. I é que as continuas meteduras de pata á hora de transmitir as novas, ás veces roldan o absurdo. Vale que poidan trabucarse, que non dean ven os datos dos lugares por descoñecemento, que cheguen a dar novas de acontecementos despois de que estes xa se produzan, en fin, cousas que ó mellor poderían ser “pasables” nun xornal de segunda.

Pero o que non pode ser de recibo, é que na edición do Barbanza, neste titular, afírmese que o programa músico-cultural “Vai de Camiño” comezará na comarca este fin de semana. Cando o pasado sábado 28 de xullo, como se pode ver no programa de actuacións, estiveron en Rianxo (que pertence ó Barbanza), a orquestra folk “Son de Seu”. Por favor, lede o artigo enteiro que non ten desperdicio.

E por certo xa postos a informar, en Boiro ademais de Susana Seivane, estará Emilio Rúa, cantautor do concello de Riós. E o domingo na Pobra estarán “Ruxe Ruxe” e “Dios k te Crew”, que ó xornalista esquecéuselle escribilo.

E se alguén coñece ó redactor, xa que o artigo non ven firmado, que lle explique a diferencia entre “oír” e “escoitar”.