O futuro polígono de TéFai agora un mes que escribín “Xa vai sendo hora”, onde falaba sobre o polígono industrial, en relación ás novas aparecidas naquel día de que xa so quedaba un informe de Política Territorial, para que o parque tivera luz verde. Pois hoxe na Voz de Galicia dentro dunha serie de novas relacionadas cos parques empresariais na comarca, publícase unha pequena nota onde se afirma que o alcalde comenta que xa se dispón do informe de impacto ambiental a favor, e que agora ten que ser remitido á Dirección Xeral de Urbanismo e ó Consello da Xunta para a súa aprobación definitiva. Pero imos a ver, ese informe leva feito dende fai máis de un mes e aínda non foi enviado??

Seguimos a quedarnos atrás. ¿Pero como se pode afirmar que en tres meses xa vai estar case todo o chan vendido, se todavía non se pode empezar a construír? ¿Acaso as empresas van esperar a que o polígono de Té estea feito dentro de sabe dios cando, mentres nos concellos veciños teñen chan listo para edificar?. En Catoira inaugurouse un parque empresarial fai pouco máis de quince días, en Boiro fai unha semana que se adxudicou a construción da segunda fase de Espiñeira.

En fin, podería seguir cos demais concellos pero non quero aburrir. Aínda que pode ser que efectivamente neste trimestre se chegue a vender o 80% das parcelas, si é que pasa como pasou en Boiro, que cheguen un par de especuladores e compren o chan para nun futuro revendelo a empresas que realmente estean interesadas en asentarse en Rianxo e crear emprego.

Pois así están continúan as cousas en referente ó polígono de Té.