Pois que hoxe é o “Blog Day”. Foi no 2005 cando Nir Ofir, un israelí que decidiu que no mundo de globalización no que vivimos había que ter un día adicado aos diarios da rede. E a súa proposta era que en cada bitácora se fixera referencia a outras cinco, e que recomendaxe ós seus lectores. Pois únome:
Blog de Paula García. Pois é o blog dunha veciña, unha rapaza de 9 anos de Boiro. Empezou a súa andanza en xaneiro deste ano.
A mis 95 años. María Amelia muxiana de 95 anos, é a avoa galega blogueira. Ten historias para contar, e dende decembro do 2006 xa debe levar feitas un cento de entrevistas para medios de todo o mundo. Felicidades, que dende fai uns días xa é bisavoa.
La Huella Digital. Mellor blogue en español do ano 2006. Nacho de la Fuente é un periodista coruñés, que nos fala da actualidade. Dende que empezou en xaneiro de 2005, leva publicados máis de 1.800 entradas, case nada.
Trebellos. Blogue adicado ós gachets, cachibaches, chismes, aparatos que a algúns moito nos apasionan. Hai centos de blogues adicados a isto pero iste está feito na nosa lingua, en galego.
Chuza!. Realmente non é un blogue, é un espazo adicado a novas galegas, onde calquera pode enviar historias, e somos os navegantes os que as chuzamos, valoramos, decidindo así se saen na primeira páxina.
Pois aquí vos quedan as miñas recomendacións. Case non chego a tempo.
Fai xa dous anos e medio, alá polo xaneiro de 2005, que un guindastre retirou a escultura de Asorey coa escusa de que podía vir abaixo. As obras no Dique remataron xa fai moito tempo, e a balconada segue valeira. ¿Por canto tempo?
Fai agora un mes que escribín 
