textoalternativoPois hoxe quérovos recomendar esta web galega adicada á predicción meteorolóxica na nosa comunidade.

MeteoGalicia naceu no ano 2000 froito dun convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e a Universidade de Santiago de Compostela, e ten como obxectivos principais a realización de unha predicción meteorolóxica de Galicia e a explotación e mantemento da rede de observación meteorolóxica e climatolóxica da Xunta de Galicia.

MeteoGalicia estructúrase en catro áreas principais; predicción operativa, predicción numérica, visualización e climatoloxía. Asemade, MeteoGalicia desenrola modelos meteorolóxicos, oceanográficos e de ondaxe de moi alta resolución para mellorar as súas prediccións meteorolóxicas.

Na súa web www.meteogalicia.es podedes atopar todo tipo de información relacionada con esta ciencia, dende mapas do satélite Meteosat 8, a información de cursos, e por suposto todo tipo de prediccións a curto ou medio prazo.