Hoxe sae publicado no Diario de Arousa, que a Consellería de Educación, vai facer melloras no Brea Segade de Taragoña, no Ana María Diéguez de Asados, e no A.D.R. Castelao de Rianxo. Ben. Pero di que será no mes de agosto. Nun mes pódense facer moitas cousas, pero non sei eu si dará tempo a arranxar todo o que estea mal ou simplemente serán unhas chapuciñas para facer calar a algúns pais.

Aproveitamento do recinto escolar.I é que todo o que sexa mellorar sempre é benvido. E faime pensar, agora que a polémica rotonda a carón dos “grupos” está rematada, na que houbera sido a mellor solución debido ó pouco espazo que alí hai. No recinto do Colexio Castelao hai unha enorme superficie á que non se lle da uso ningún, non falo das dúas pistas deportivas, senón dos máis de 3.000 metros cadrados que están a eito. Pois nese recinto poderíase construír un bloque novo, e derrubar o que está preto do cruce (se non se quere ser tan drásticos, na China xa moven edificios enteiros de nove pisos e sete mil toneladas nunha semana, poderíaselle pedir consello, non?). E desa maneira gañar espazo público e aproveitar o terreo do colexio. Facendo así unha rotonda de xeito. So hai que fixarse nas manobras que teñen que facer os camións para bordeala, xa vin a máis dun ter que dar marcha atrás para salvala. Xa dixen que sería a mellor solución, non a máis económica.

Pero bueno, a noticia é que se van poñer a arranxar os desperfectos que teñen que soportar nenos e mestres. Amén.

Seguir lendo…