Dende fai tempo estamos á espera desa nova páxina web do concello, pero como todo en Rianxo, a espera é longa. Moi rápidos en anunciar as cousas por ese gran afán de acadar unha modernización da administración local, pero o que nos deixan ver dende o concello é que as promesas ou tardan ou non se cumpren.
Recordo aquelas noticias de fai xa varios anos (concretamente do 2005), nas que se anunciaba que as obras do polígono ían comezar a finais do 2005, para que o polígono estivera urbanizado a finais de 2006. Pero a mediados dese 2005, era evidente que de polígono nada de nada, e saía esta outra noticia na que o alcalde pedía que se axilizaran as xestións para que se puidera empezar a principios do 2006. Pero todo seguía igual. E no ano 2006, cando xa o PSOE levaba un ano na Xunta e dous no Estado (comento esto por aquelo que decían que si dende a Xunta ou do Goberno central non axudaban), saían outras novas, nas que se afirmaba que os traballos de edificación comezarían a principios do 2007. Pero a realidade como case sempre supera á ficción, e xa estamos a mediados de 2007 e a realidade é outra. Nesta non se dan datas, pero si se di que todavía queda pendente o estudo de Política Territorial, e que “se as xestións se axilizan podería incluirse no último consello da Xunta antes das vacacións para non ter que agardar ata setembro, cando se retome a actividade administrativa”.
E pregúntome eu, ¿de quen dependen estas “xestións”?? Recordemos que hai seis dedicacións, sete se contamos a do xestor. ¿Entre todos non poderían facer que a cousa se acelere?? E aínda que so fora por esta vez, nos demostrasen ós veciños, que estes cartos lles son merecidos. Ou ó mellor dende o concello agora vanlle votar a culpa á Consellería de Política Territorial, anda, si a conselleira é Mª José Caride que é do PSOE.
En fin, que seguimos sen parque empresarial, cando nos do resto da comarca xa están a facer ampliacións. Nunca máis escusas por favor.

