Radio BlogalizaPois acabo de descubrir esta web, que naceu fai cinco días, adicada a toda a música feita na terra, en Galiza. Pero non so é unha web, é unha radio que emite as 24h do día sen interrupción. Pero non so é unha radio, é unha gramola onde podes elixir unha canción dunha bastante amplia lista.

Para escoitala non tes máis que picar en “Escoitar (ogg)” e abriráseche o reproductor que teñas por defecto no teu ordenador un arquivo .m3u o cal almacena a lista de reproducción. Como podes ver o formato das cancións está en .ogg, é dicir, que é libre, co cal non teñen que pagar licenzas. E como na propia web ven refrexado: “Todas as cancións incluídas no noso arquivo proveñen da propia WWW e foron publicadas no seu momento polos propios artistas, os seus representantes ou as súas discográficas. Todos os temas foron colocados por eles para a súa descarga libre e gratuíta”, co cal un chasco para os señores da SGAE.

A elección das cancións é moi sinxela, so tes que ir á pestana “Peticións”, e elixir entre os máis de 300 artistas algunha das súas cancións. Hai cabida para todos os estilos musicais, dende o Heavy máis duro ata a música tradicional, e para todos os idiomas, dende o galego ó inglés. Pero iso si, como xa dixen antes, todo feito na casa, “made in Galicia”.

Pois xa tes que escoitar mentres navegas… http://radio.blogaliza.org/