A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC), constituída fai pouco máis de seis meses, e que está formada por empresas galegas, as tres universidades, entidades financeiras galegas e a Xunta de Galicia, vai estudar a creación e o emprego dun satélite de comunicacións para tratar de reducir a “Fenda Dixital” que temos na nosa terra, porque ás compañías de telecomunicacións non lles é rendible inverter. Pero tamén se empregaría para mellorar as comunicacións marítimas e terrestres.
Isto sona moi bonito, pero a realidade é outra. Un satélite de telecomunicacións ten que ser xeoestacionario, isto quere dicir que ten que estar a unha altura duns 34.000 km para que estea virando a mesma velocidade angular que a Terra, para que así estea sempre sobre o mesmo punto sobre esta, neste caso Galicia. Un dos últimos satélites de telecomunicacións enviados o Espazo foi o NIGCOMSAT-1 nixeriano o pasado maio e o seu custo foi de 450 millóns de dólares. ¿Realmente é algo primordial empregar en isto 400 millóns de euros?
Isto estaría moi ben, pero antes deberíanse solucionar problemas máis serios, a sanidade, a educación, a vivenda ou o emprego, deberían de ser primordiais para a Xunta. E neste sentido hoxe corroborouse que Galicia é a comunidade autónoma coa pensión media máis baixa do estado!!! E ademais os salarios están nesta mesma situación. E os políticos pensando en mandar un satélite.
Encanto a solucionar o problema da “Fenda Dixital”, hai novas tecnoloxías que poden alcanzar este obxectivo cunha inversión bastante inferior á de poñer en órbita un “satélite galego”. A Xunta xa ten unha boa infraestrutura, RETEGAL (Redes de Telecomunicación Galegas), que como rezan na súa web: “é a empresa da Xunta de Galicia encargada da xestión das infraestruturas e servizos de telecomunicación institucionais na Comunidade Autónoma Galega”. E para facer que a banda ancha chegue a todas ás nosas aldeas, so queda subministrar a tecnoloxía, que xa existe como pode ser o WIFI ou o WIMAX. E isto é o que está a facer o goberno vasco dende fai máis de un ano. Pero claro un satélite é máis mediático.

