Que di Pedro que vai facer algúns cambios no equipo do goberno, unha boa limpeza é o que lle facía falta, e non “pequenas renovacións”. I é que di que vai seguir mantendo a cinco tenentes de alcalde, jo*e, a cidade da Coruña vai ter nove e Compostela tan so un.

É dicir, que aparte do seu soldo imos ter que pagar a cinco políticos máis, e aínda así seguro que se seguirá contratando a un xestor. ¿Que pasa?, ¿e que se da conta que nin pagándolle a cinco tenentes de alcalde poden facer algo de xeito polo pobo?. Pero xa lles di ós seus, que haberá alguén que cobrou e que agora non o vai facer. Veña, veña, a lamerlle máis. Pero seguro que so será o único cambio que fixo na cabeza de lista, o do número catro. No 2003 foi Roberto Carlos, que agora descendeu ate o posto quince e non entrará no concello.

Cando nun concello hai un número elevado de tenencias de alcaldía, soe ser debido a favores políticos entre partidos. Cando un non ten maioría absoluta, busca alianzas, e para lograr ese apoio, hai que “pasar por caixa”. É penoso pero é así, bueno, ca excepción de Rianxo, onde xa vedes que tendo maiorías absolutas sempre tivo un número elevado de dedicacións exclusivas e parciais. Pero se dixésemos, que traballan moito, que se ven grandes avances coas súas tarefas xa que están a un soldo, poderiamos dicir que o merecen, pero isto non é así. Non vou enumerar as carencias de Rianxo, cada un que pense porque seguimos á cola da comarca, e que recorde que somos o concello con máis edís a soldo, máis un xestor. E aínda con tres dedicacións exclusivas, a Xunta ven de rexeitar o proxecto que dende o concello presentaron para converter a vella clínica en centro de día, por non cumprir certos requisitos de seguridade. Pero seguro que lle votan a culpa ó BNG, pois isto é cousa de Vicepresidencia, na que manda Quintana.

Buño, pois a ver a oposición se di algo.