Unha louvanza para o concello.
A miña intención non so é facer críticas do goberno municipal, simplemente é dicir as cousas como eu as vexo. Si as cousas están ben feitas, aplausos, si están mal, coscorróns, como facía algún mestre na súa época. E hoxe tócalle a primeira louvanza.
Noraboa a tódolos concelleiros da anterior corporación, por aprobar de forma unánime unha moción para promocionar a creación do dominio PuntoGal. Un dominio que busca representar a nosa lingua e a nosa cultura na rede de redes. E desta maneira converteron ó Concello de Rianxo no primeiro en apoiar esta iniciativa.
E ti si queres tamén podes apoiar isto, entra na súa web e firma. E si tes algunha páxina, podes engadir un dos banners que teñen para elo.
Se queres saber máis: www.puntogal.org


A moción foi a instancias do BNG, e logo se aprobou por unanimidade, só por ter todos os datos e repartir as louvanzas.
Escrito por missangas o 13 de xuño de 2007, ás 12:20