Patrimonio arqueolóxico de Rianxo.
En Rianxo temos a sorte de ter un gran patrimonio arqueolóxico. Aínda que poder acceder a el non é doado. Xa que a gran maioría de petroglifos ou mámoas, atópanse esparexidos polos montes do concello, e en moitos casos están ocultos pola maleza.
Como ben se di na web municipal, no ano 2001 fíxose a última prospección arqueolóxica co fin de catalogar os gravados rupestres, e no que se chegou a un total de 59. Gustaríame saber se existe algunha guía onde aparezan recollidos todas estas obras dos nosos antepasados, e que complete á que a principios dos 90 realizaron Xoán Andrés Fernández Castro, Moncho Ces e Pedro Piñeiro (si si, o actual alcalde). E si non a hai estaría ben que a xente que traballa en cultura, que non son poucos, a fixeran. Recollendo todos os vestixios, adxuntando fotos e algún mapa de como chegar ata eles. Xa teñen traballo adiantado, na páxina web do concello, onde podemos atopar nun mapa interactivo a situación de todos ou moitos deles. E xa postos que xe fixera un traballo completo, onde ademais tivera cabida o resto do patrimonio como muíños, cruceiros, pazos, castros, capelas, e todo aquelo que fora digno de visitar e sobre todo de conservar.
Por certo que no “Castelo da Lúa” van volver traballar os arqueólogos este verán nunha primeira fase de recuperación das ruínas. Como ven reflexado na web da Xunta, destinaranse para este traballo 400.000 €, para revalorizar este enclave. Ben polo concello e pola Xunta, aínda que isto xa se puido haber feito no ano 2001 coa primeira prospección que se fixo daquela.


pois si que estaría ben que fixeran unha guia para ir a dar unha volta polo monte, pois ahora so podemos ir os bares. tampouco hai onde practicar deporte, xa que non hai pistas polideportivas…. e correr polo paseo… coidado non tropeces cas pedras que estan soltas.
Escrito por un de rinlo o 6 de xuño de 2007, ás 19:21
tamén estaría ben k reconstruíran o Castelo da Lúa xa k é algo noso que daría moito xogo aquí..
Escrito por Anonymous o 11 de abril de 2008, ás 15:02
eU diRia, ke é meLLor ke faGan uNhaS pIstaS pOLiDePorTivAs, e aMaÑeN a dePuraDoRa, ke CaDa aNo paRecE feDer peOr… mOita pRaiA nOva, mOita pIscIna… peRo a dePuraDora seGue fedenDo… e cO cOntO da PraIa.. ke paSa cOa Praia? seiCa aGora o pOBo é pOs de fOra, pOs tuRiSTaS… PaRiDa d´Or….
uNha meRda¡¡
Escrito por uNha da viLa o 19 de xuño de 2008, ás 13:22