Unha vez máis a realidade acaba de superar á ficción. A historia deste señor polaco é semellante á contada na película Good bye, Lenin!
Jan Grzebski estivo 19 anos en coma e despertou fai uns días. Entrou neste estado no verán de 1988, tras sufrir un accidente laboral mentres traballaba como empleado do ferrocarril. Naquel momento os médicos lle daban unha vida de 2 ou 3 anos. A súa muller loitou e coidou do seu home, e tras casi duas décadas o seu esforzo viuse recompensado. De feito Jan afirma que “foi Gertruda -a muller- quen me salvou, nunca o olvidarei”.
Pero ésta historia ainda vai máis alá. Na década dos 80, Polonia era un país comunista gobernado baixo o mando de distintos xenerais, e no ano 1988 “só había té e vinagre nas tendas, a carne era racionada, e por todas partes había longas filas para obter combustible”, dixo Grzebski ó recordar como era a vida no sistema económico comunista de aquela época. “Agora vexo ás persoas na rúa con teléfonos móbiles e hai tanta mercancía nas tendas que me marea”. E é que hoxe en día e dende fai tres anos, Polonia xa é un país membro da Unión Europea, onde a súa constitución do ano 1997 os define como unha república parlamentaria, baixo unha democracia liberal.
E outra sorpresa ó despertar foi ver aumentada a súa familia, que de ter catro fillos pasou a ter once netos, os que poderá ver medrar ós seus 65 anos.
Pois esta é unha historia dun home que durmeu nun estado comunista e como se fora un soño, espertou nun país democrático.

