A potencia sen control non sirve de nada.
En Galicia xa se está preto de alcanzar os 3.000 MW de potencia en enerxía eólica. Se consideramos Galicia por si mesma, estaríamos a falar da sexta potencia eólica mundial -e a cuarta de Europa- despois de Alemaña, Estados Unidos, o resto de España, Dinamarca e a India. Dentro de España, Galicia representa o 25% da potencia eólica instalada. Pero os bos datos non quedan aí, pois a eficiencia dos parques na nosa terra e moi superior ó do resto do estado, chegando así a producir algo máis do 29% do total de España.
Aínda con todo isto seguemos a padecer cortes de luz e caídas de tensións debido ás vetustas redes eléctricas que en moitos dos nosos pobos todavía temos. ¿Isto é de xustiza? NON!!!. Eses 3.000 MW potencias darían para moitas persoas. Imos facer un cálculo.
En España o consumo enerxético pode alcanzar picos de ata 37.000 MW, se consideramos que somos uns 44 millóns de persoas, resulta que a cada un de nos corresponde 0,85 MW. Hai que sinalar que aquí tamén vai incluído o consumo enerxético de toda a industria, co que realmente a necesidade por persoa sería menor, con todo as cifras serán todavía pasmantes. Co que eses 3.000 MW darían para máis de 3,5 millóns de persoas. En Galicia somos 2,7 millóns.
Se a elo lle engadimos a produción eléctrica das centrais hidroeléctricas, outros 3.000 MW, as cifras duplícanse. Pero en Galicia tamén temos centrais térmicas (máis de 2.000 MW), e en menor cantidades plantas solares, de biomasa, de residuos e de fuel/gas. En total temos un potencial de produción de case 10.000 MW.
Segundo o EGA (Asociación Eólica de Galicia), o parque eólico galego cobre o 21% do consumo doméstico. O parque de enerxías renovables, incluíndo a enerxía hidráulica e solar, cobre o 52% da demanda da comunidade. Pero o que é máis chocante é que Galicia so consume o 63% da enerxía eléctrica total que produce. SÓBRANOS O 37% DA ENERXÍA!!!!!! ¿E onde vai parar esa enerxía? Pois ó resto do estado español e incluso ó estranxeiro. En resumen, que nos sobra enerxía.
¿Isto non debería de supoñernos algún tipo de beneficio? SI!!!!!! Pero pola contra séguensenos a romper os aparellos eléctricos, e temos que pagar un servizo que non temos. Cada ano o parque eólico galego aumenta, co cal tamén os excedentes de enerxía. E a factura da luz en lugar de diminuír tamén aumenta. Deberiamos de cobrar en lugar de pagar.
¿E non se vai facer nada? Continúan a mexer por nos, e seguimos dicindo que chove.
Se queres saber máis:
www.ega-asociacioneolicagalicia.es
Seguimento da producción da enerxía eólica e demanda de enerxía en tempo real


A potencia sen control non sirve de nada.
Análise do que en Galicia se produce, e dende Madrid se mal distribue.
Escrito por chuza.org o 1 de setembro de 2007, ás 00:35
La potencia sin control no sirve de nada [gal]
"En Galicia ya se está cerca de alcanzar los 3.000 MW de potencia en energía eólica. Si consideramos Galicia por si misma, estaríamos hablando de la sexta potencia eólica mundial -y la cuarta de Europa- después de Alemania, Estados Unidos, e…
Escrito por meneame.net o 2 de setembro de 2007, ás 09:17
Interesante, e interesante páxina. Apúntoma, con permiso, saúdos!
Escrito por Jnnss o 2 de setembro de 2007, ás 21:35