Galicia, Xeral
venres, 29 de xuño de 2007, 14:27

Radio BlogalizaPois acabo de descubrir esta web, que naceu fai cinco días, adicada a toda a música feita na terra, en Galiza. Pero non so é unha web, é unha radio que emite as 24h do día sen interrupción. Pero non so é unha radio, é unha gramola onde podes elixir unha canción dunha bastante amplia lista.

Para escoitala non tes máis que picar en “Escoitar (ogg)” e abriráseche o reproductor que teñas por defecto no teu ordenador un arquivo .m3u o cal almacena a lista de reproducción. Como podes ver o formato das cancións está en .ogg, é dicir, que é libre, co cal non teñen que pagar licenzas. E como na propia web ven refrexado: “Todas as cancións incluídas no noso arquivo proveñen da propia WWW e foron publicadas no seu momento polos propios artistas, os seus representantes ou as súas discográficas. Todos os temas foron colocados por eles para a súa descarga libre e gratuíta”, co cal un chasco para os señores da SGAE.

A elección das cancións é moi sinxela, so tes que ir á pestana “Peticións”, e elixir entre os máis de 300 artistas algunha das súas cancións. Hai cabida para todos os estilos musicais, dende o Heavy máis duro ata a música tradicional, e para todos os idiomas, dende o galego ó inglés. Pero iso si, como xa dixen antes, todo feito na casa, “made in Galicia”.

Pois xa tes que escoitar mentres navegas… http://radio.blogaliza.org/

Escritos
mércores, 27 de xuño de 2007, 19:24

Camiño Esquecido.Camiño esquecido que xa non vai a ningures. Un camiño calzado de pedra, inzado de silvas ensarilladas e de ortigas arnaes, que se perde na boca moura dunha congostra.

Eu sempre perguntaba a miña avoa: ¿Onde va¡ da-la “verea vella”? E miña avoa respondíame con certo mistéreo: “Non vai a ningures, meu meniño”.

Aquela “verea vella” turraba por min e, cando me fixen home, arrisqueime a pasala. E máís alá da medoñenta congostra topeime cunha aldea sen xente.

Aquela “verea vella” turraba por minCasales de boa pedra, lagares que lembran fartura, trabes apodrecidas, moreas de tella; todo va¡ amortaxado con edras, silvas e loureiros, e por riba daquela vizosa vexetación, as follas amarelas e vermellas dunha viña sen froito.

Debaixo dunha nogueira seca senteime a debullar sentimentos que aínda hoxe están alí en espera…

Seguir lendo…

Potenzia
domingo, 24 de xuño de 2007, 20:55


Galicia
venres, 22 de xuño de 2007, 20:56

Un satélite galego!!??A Fundación Galega para a Sociedade do Coñecemento (FSC), constituída fai pouco máis de seis meses, e que está formada por empresas galegas, as tres universidades, entidades financeiras galegas e a Xunta de Galicia, vai estudar a creación e o emprego dun satélite de comunicacións para tratar de reducir a “Fenda Dixital” que temos na nosa terra, porque ás compañías de telecomunicacións non lles é rendible inverter. Pero tamén se empregaría para mellorar as comunicacións marítimas e terrestres.

Isto sona moi bonito, pero a realidade é outra. Un satélite de telecomunicacións ten que ser xeoestacionario, isto quere dicir que ten que estar a unha altura duns 34.000 km para que estea virando a mesma velocidade angular que a Terra, para que así estea sempre sobre o mesmo punto sobre esta, neste caso Galicia. Un dos últimos satélites de telecomunicacións enviados o Espazo foi o NIGCOMSAT-1 nixeriano o pasado maio e o seu custo foi de 450 millóns de dólares. ¿Realmente é algo primordial empregar en isto 400 millóns de euros?

Seguir lendo…

Rianxo
martes, 19 de xuño de 2007, 15:10

Que di Pedro que vai facer algúns cambios no equipo do goberno, unha boa limpeza é o que lle facía falta, e non “pequenas renovacións”. I é que di que vai seguir mantendo a cinco tenentes de alcalde, jo*e, a cidade da Coruña vai ter nove e Compostela tan so un.

É dicir, que aparte do seu soldo imos ter que pagar a cinco políticos máis, e aínda así seguro que se seguirá contratando a un xestor. ¿Que pasa?, ¿e que se da conta que nin pagándolle a cinco tenentes de alcalde poden facer algo de xeito polo pobo?. Pero xa lles di ós seus, que haberá alguén que cobrou e que agora non o vai facer. Veña, veña, a lamerlle máis. Pero seguro que so será o único cambio que fixo na cabeza de lista, o do número catro. No 2003 foi Roberto Carlos, que agora descendeu ate o posto quince e non entrará no concello.

Seguir lendo…

Rianxo
venres, 15 de xuño de 2007, 17:34

Rianxo foi declarado onte como municipio de interese turístico galego. Para elo tivéronse que demostrar que no concello cúmprense unha serie de requisitos, entre eles o de ordenamento urbanístico. Dáme que as persoas que tiveron que corroborar o que por parte do concello se lle remitía á Xunta, non fixeron ben o seu traballo.

Non estou en contra desta distinción, por suposto que quero que Rianxo sexa recoñecido. Pero que confirmen que Rianxo posúe un ordenamento urbanístico, sen ter PXOM, non o entendo, se hai alguén que mo puidera explicar agradeceríallo. Deixo aí tres fotos que atopei por internet, e non son de sitios rebuscados precisamente.

Cruceiro en FincheiraCruceiro en FincheiraEdificio na Ribeira

Insisto, está ben que se acadara esta distinción. Quero recoñecer os esforzos da xente que traballou en conseguila. Pero…. (é que sempre ten que haber un pero), hoxe tamén sae na prensa que o Barbanza creou no 2006 máis emprego que Compostela e a súa área. E nun principio debería ser unha boa nova, e o é no conxunto da comarca, pero no que a Rianxo se refire, para nada.

Seguir lendo…

Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira
xoves, 14 de xuño de 2007, 19:26

Pois que nun par de días verase quen apoia a quen nos gobernos locais. E a cousa está máis que clara en Rianxo, maioría para Pedro, en Ribeira, maioría para Colomer e na Pobra tamén maioría para Maceiras. Todos eles baixaron no número de votos como xa indiquei en “Resaca electoral“. Pero o que aínda non está demasiado claro, ou polo menos é o que intentan aparentar, é en Boiro.

A maioría, por 12 papeletas, do PP podería chegar a gobernar no concello. Máis se nos fixamos nos derradeiros ataques entre frentistas e socialistas. Deira dicindo que non lle importaría voltar á docencia, que por certo, ex-alumnos del dixéronme que non o facía nada mal. E Ares afirmando que ó mellor vota o sábado por si mesmo, e colocarse na oposición. O de Deira créomo, pero o de Ares… Estaría disposto a perder o soldo da dedicación exclusiva, do concello? Estaría disposto a voltar á fábrica a traballar? Sinceramente dubidoo moito. E dáme que vai pasar polo aro de Deira. O PSOE gañaría un concelleiro máis, pero o que tamén é certo, é que o BNG acadou a maior subida de votos, aínda que non lle concedesen ningún edil a maiores dos que tiña.

Seguir lendo…

Potenzia
mércores, 13 de xuño de 2007, 11:56

Bueno pois vou facer unha sección chamamada Potenzia. O mellor programa que fixo a TVG, “Somos Unha PotenZia”, e que por desgracia non durou moito. Penso que o problema eran as horas ás que o poñían, pero bueno, aí vai un monólogo de Carlos Blanco sobre a conducción.


Rianxo, Galicia
sábado, 9 de xuño de 2007, 18:17

Asociación que trata de conseguir o .galA miña intención non so é facer críticas do goberno municipal, simplemente é dicir as cousas como eu as vexo. Si as cousas están ben feitas, aplausos, si están mal, coscorróns, como facía algún mestre na súa época. E hoxe tócalle a primeira louvanza.

Noraboa a tódolos concelleiros da anterior corporación, por aprobar de forma unánime unha moción para promocionar a creación do dominio PuntoGal. Un dominio que busca representar a nosa lingua e a nosa cultura na rede de redes. E desta maneira converteron ó Concello de Rianxo no primeiro en apoiar esta iniciativa.

E ti si queres tamén podes apoiar isto, entra na súa web e firma. E si tes algunha páxina, podes engadir un dos banners que teñen para elo.

Se queres saber máis: www.puntogal.org

Rianxo
venres, 8 de xuño de 2007, 12:57

A culpa non é de ninguén. A solución virá sola. Isto é ó que un chega tras ler as distintas informacións aparecidas hoxe na prensa sobre o colexio Brea Segade.

As nais din que levan sufrindo no colexio unha praga de pulgas dende fai un ano, os mestres din que hai ratos, e a señora tenente de alcalde di que non é para tanto (si cando dixen que no equipo de goberno hai xente que non vale, non era ningún capricho). Os desprendementos de azulexos, humidades que fan que as paredes sexan negras, baños rotos, os desperfectos aínda sen arranxar dun curto circuíto dende fai dous anos. Todo isto ven recollido na prensa “La Voz de Galicia”, “El Correo Gallego” e no “Diario de Arousa”

O primeiro criticar ó consello escolar do colexio, pois si todo isto ven sucedendo dende fai tempo, por que eles non tomaron medidas antes, e tivo que ser iniciativa das nais? É máis, din que teñen superávit de 13.000 euros gracias a varios premios (ver o final da noticia do Correo). E non poderían usar eses cartos para arranxar o primordial e fumigar un pouco? e xa lle pasarían as contas a quen correspondese, ó concello ou á consellería. Ou hai un erro na noticia (que non sería a primeira vez), ou de verdade que non entendo nada.

Seguir lendo…

Galicia, Xeral
01:02


Rianxo
mércores, 6 de xuño de 2007, 12:21

Os Mouchos-BriónEn Rianxo temos a sorte de ter un gran patrimonio arqueolóxico. Aínda que poder acceder a el non é doado. Xa que a gran maioría de petroglifos ou mámoas, atópanse esparexidos polos montes do concello, e en moitos casos están ocultos pola maleza.

Como ben se di na web municipal, no ano 2001 fíxose a última prospección arqueolóxica co fin de catalogar os gravados rupestres, e no que se chegou a un total de 59. Gustaríame saber se existe algunha guía onde aparezan recollidos todas estas obras dos nosos antepasados, e que complete á que a principios dos 90 realizaron Xoán Andrés Fernández Castro, Moncho Ces e Pedro Piñeiro (si si, o actual alcalde). E si non a hai estaría ben que a xente que traballa en cultura, que non son poucos, a fixeran. Recollendo todos os vestixios, adxuntando fotos e algún mapa de como chegar ata eles. Xa teñen traballo adiantado, na páxina web do concello, onde podemos atopar nun mapa interactivo a situación de todos ou moitos deles. E xa postos que xe fixera un traballo completo, onde ademais tivera cabida o resto do patrimonio como muíños, cruceiros, pazos, castros, capelas, e todo aquelo que fora digno de visitar e sobre todo de conservar.

Seguir lendo…

Galicia
martes, 5 de xuño de 2007, 20:52

Cartografía dos apelidos galegos¿Queres coñecer onde e cantas persoas teñen o mesmo apelido que ti en Galicia? Pois aquí tes esta aplicación online para elo. É moi sinxela e ofrécenos diversas informacións como os lugares onde é máis frecuente, o número deles por concello e no total de Galicia, así como eses mesmos datos de maneira proporcional.

É un traballo conseguido polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (ILG), baseándose no censo de poboación de Galicia do ano 2001. E con el podemos coñecer a procedencia dos nosos apelidos, debido á pouca movilidade xeográfica dos galegos dentro do noso territerio, exceptuando por suposto a emigración ás sete grandes cidades galegas.

Ésta ferramenta pódela atopar na web do Instituto da Lingua Galega. Vótase de menos que houbera unha opción de comprobar os apelidos de cada concello, pero bueno, esperemos que na seguinte versión si é que a fan, a implementen un pouco.

Seguir lendo…

Rianxo
luns, 4 de xuño de 2007, 18:15

Pois este día fun dar unha volta pola remodelada rúa Rinlo, e atopeime cun par de sorpresas. Unha por ben, polo menos para un futuro, e outra desastrosa.

Pois fixeime que “R” a compañía galega de telecomunicacións, debe ter feita a instalación da fibra optica en Rinlo. É un supoñer debido a que se poden apreciar as tapas de rexistro desta compañía nas beirarúas. Pero servizo polo de agora non está ofrecendo, co cal será para ter feita xa a instalación si é que algún día por parte do concello lle dan facilidades. E esto non mo invento eu, díxoo a directora xeral da Sociedade da Información, Elena Veiguela durante a firma dun convenio en Boiro, ala por febreiro: “Non teñen colaboración e a cousa estase a retrasar. É moi importante, por parte dos concellos -referíndose a Rianxo e a Pobra-, que boten unha man para que R poida cabrear e ofrecer servizo”. En Boiro a finais deste ano cerca de 5.000 persoas xa poderan obtar á oferta da empresa galega. Señores do concello, ¿vostedes non son progresistas? ¿Por que lle dan a espalda ó progreso?. Señores da oposición, xa sei que hai moitos asustos a tratar, pero póñanse as pilas, que para eso obtiveron o respaldo dos rianxeir@s.

Seguir lendo…

Xeral
domingo, 3 de xuño de 2007, 13:01

Jan Grzebski e GertrudaUnha vez máis a realidade acaba de superar á ficción. A historia deste señor polaco é semellante á contada na película Good bye, Lenin!

Jan Grzebski estivo 19 anos en coma e despertou fai uns días. Entrou neste estado no verán de 1988, tras sufrir un accidente laboral mentres traballaba como empleado do ferrocarril. Naquel momento os médicos lle daban unha vida de 2 ou 3 anos. A súa muller loitou e coidou do seu home, e tras casi duas décadas o seu esforzo viuse recompensado. De feito Jan afirma que “foi Gertruda -a muller- quen me salvou, nunca o olvidarei”.

Pero ésta historia ainda vai máis alá. Na década dos 80, Polonia era un país comunista gobernado baixo o mando de distintos xenerais, e no ano 1988 “só había té e vinagre nas tendas, a carne era racionada, e por todas partes había longas filas para obter combustible”, dixo Grzebski ó recordar como era a vida no sistema económico comunista de aquela época. “Agora vexo ás persoas na rúa con teléfonos móbiles e hai tanta mercancía nas tendas que me marea”. E é que hoxe en día e dende fai tres anos, Polonia xa é un país membro da Unión Europea, onde a súa constitución do ano 1997 os define como unha república parlamentaria, baixo unha democracia liberal.

Seguir lendo…

Xeral
sábado, 2 de xuño de 2007, 02:03

Por si á xente de Pere Navarro lle faltan ideas agora que ven o veran, para eso das campañas de concienciación de Trafico:

Sen comentarios

Ó EXpresidente recomendarlle que para a próxima vez que fale, procure que as súas palabras sexan mellores que o seu silencio.



Con ésta poderian facer un “HIT” do verán, así non faría falla tantos radares para recaudar. Por suposto pagandolle a Ramoncín e ós seus colegas da SGAE.

Galicia
venres, 1 de xuño de 2007, 19:31

Somos unha potenciaEn Galicia xa se está preto de alcanzar os 3.000 MW de potencia en enerxía eólica. Se consideramos Galicia por si mesma, estaríamos a falar da sexta potencia eólica mundial -e a cuarta de Europa- despois de Alemaña, Estados Unidos, o resto de España, Dinamarca e a India. Dentro de España, Galicia representa o 25% da potencia eólica instalada. Pero os bos datos non quedan aí, pois a eficiencia dos parques na nosa terra e moi superior ó do resto do estado, chegando así a producir algo máis do 29% do total de España.

Aínda con todo isto seguemos a padecer cortes de luz e caídas de tensións debido ás vetustas redes eléctricas que en moitos dos nosos pobos todavía temos. ¿Isto é de xustiza? NON!!!. Eses 3.000 MW potencias darían para moitas persoas. Imos facer un cálculo.

En España o consumo enerxético pode alcanzar picos de ata 37.000 MW, se consideramos que somos uns 44 millóns de persoas, resulta que a cada un de nos corresponde 0,85 MW. Hai que sinalar que aquí tamén vai incluído o consumo enerxético de toda a industria, co que realmente a necesidade por persoa sería menor, con todo as cifras serán todavía pasmantes. Co que eses 3.000 MW darían para máis de 3,5 millóns de persoas. En Galicia somos 2,7 millóns.

Seguir lendo…

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet