Pois poucos cambios en Rianxo. Destacar que ó PSOE, ainda que segue a conservar a maioría absoluta, votáronlle 861 persoas menos que no 2003, e tendo en conta que este ano non había unha cuarta candidatura, pódese afirmar que a Pedro déuselle un pau. O BNG aumentou en 559 votos e o PP en 451. A abstención tamén medrou, e moito, 848 en relación ó 2003 e 1596!!! comparado co ano 99. Co que seguiremos outros catro anos máis, en principio, con Pedro Piñeiro na alcaldía.

En Boiro gran batacazo do PP, perdeu 1558 votantes, e subidas dos demáis: 572 votos do BNG, 334 do PSOE e 131 de Velo. Pero hai algo moi curioso debido a lei de D’hondt, que é a formula que se aplica para elexir o numero de edís. O PP somentes sacou 12 votos máis en todo o concello que o BNG. Se os frentistas conseguiran un so voto máis que o PP (e decir 13 a maiores) o número 6 destes iría para o Bloque. O PSOE e Velo subindo menos que o BNG aumentaron un edil máis. Co que podemos ver que nestas eleccións en Boiro a lei de D’hondt perxudicou a Deira. E con estes resultados ó BNG chégalle so co apoio do PSOE para gobernar, ainda que podería haber outras posibilidades. Xa se verá.

Na Pobra tampouco se verán cambios, ainda que so por 168 votos. Explícome. Se o BNG houbera tido este número de votos máis, o edil número 9 do PP houbera pasado ó BNG, co que poderían haber desbancado a Maceiras co apoio do PSOE. No que a cada forza se refire, o PP baixou 466 e o PSOE 311, pola contra o BNG subeu 625 votos.

En Ribeira pasa exactamente o mesmo que na Pobra. 180 votos máis para o BNG e o concelleiro número 11 do PP houbera ido para o BNG, co que perdería a maioría absoluta Colomer, e daría opción ó Bloque a buscar o apoio do PSOE e do IPDER para chegar á alcaldía. 1164 votos menos para o PP respecto do 2003, os independentes baixaron 76, o PSOE aumentou en 171 votos e o BNG en 649 votos máis.

E xa resumindo, en Padrón o PP perde a maioría absoluta e todo queda en mans dos independentes, PP e PSOE terán que buscar o seu apoio, pode haber maioría simple, bipartito ou tripartito. En Dodro haberá cambio, pasando o PSOE a alcadía se atopa o apoio do BNG. En Lousame o PP sae reforzado, obtendo a maioría absoluta. En Noia o PP perde a maioría absoluta e gobernaría o PSOE co apoio do BNG. No Son seguiría o PSOE, si atopa o apoio do BNG, ou dos dous independentes, senon gobernará o PP en maioría simple. En Catoira maioría absoluta para o PSOE. E en Cesures continuará o BNG.