Rianxo, Escritos
xoves, 31 de maio de 2007, 19:55

Sinatura dun rianxeiroPor amaina­la conciencia guindei co meu título de médico no fondo dunha gabeta, e busquei outra maneira de me valer. As xentes xa non sabían que eu era dono de tan tremenda licencia oficial; mais unha noite foron requiridos os meus servicios.

Era domingo. Melchor, o taberneiro, agardaba por min ó pé da porta. Deume as “boas noites” e rompeu a chorar, e por entre os saloucos saíanlle as verbas tan estruchadas que soamente logrou dicirme que tiña un fillo a morrer.

O pobre pai turraba por min, e eu deixábame levar, enfeitizado pola súa dor. ¡Despois de todo eu era médico titulado e non podía negarme! E tiven tan fortes anceios de compracelo que sentín xurdir nos meus adentros unha grande ciencia…

Cando chegamos á casa de Melchor logrei arriarme das súas mans, e con finxido acoitamento confeseille que sabía pouco da carreira…

Seguir lendo…

Natureza
mércores, 30 de maio de 2007, 18:52



O vídeo dura algo máis de 8 minutos, pero realmente non ten desperdício, aguantade ata o final e sorprenderédesvos. É unha desas cousas que custan de crer. Canto poderiamos, mellor dito deberiamos, aprender dos animais. Pasen e vexan, unha historia de leóns cocodrilos e búfalos, e dun pequeno moi afortunado.

Galicia
14:33

Xeración e logo!!Pois esta é a última campaña levada a cabo pola Xunta de Galicia, para fomentar o emprego da nosa lingua.

Dende onte a Secretaría Xeral de Política Linguística, está a repartir nos hospitais da comunidade unha serie de regalos nos que se inclúe información, consellos, un pequeno caderno do embarazo, un portafotos, uns xogos de palabras recitativos para o bebé e un disco con cantos de berce interpretados polos músicos galegos Espido, Mercedes Peón, Luar na Lubre, Uxía e Xabier Díaz. Ademáis na “canastilla” vai inclúida unha lista con nomes galegos para os nenos, onde hai de todo, dende os máis comúns ós máis raros por se se quere que o fillo teña un nome singular.

Xeración e logo! é o eslogan escollido para animar ós pais a educar ós futuros en galego. Para que así os nenos poidan medrar nun ambiente bilingüe, que lles propicie unha maior capacidade intelectual e social. Recordar que neste sentido pola proximidade do galego co portugués, poderán chegar a entenderse con máis de 200 millóns de persoas que falan a lingua irmá polo mundo adiante.

Seguir lendo…

Rianxo
martes, 29 de maio de 2007, 12:21

Hoxe non quería falar de política, pero acabo de leer na prensa, no Diario de Arousa, unhas declaracíons de Vazquez, nas que minte.

Di que houberan sacado un edil máis se houberan obtido 37 votos máis. Esto non é certo. Nesta páxina: http://icon.cat/util/elecciones atoparedes un simulador da lei de D’hondt, onde se introducides os votos de cada candidato sáevos o número de edís que obteñen. Ademáis se a cousa está xusta, divos cal sería o seguinte candidato en obter representante e en detrimento de que outro partido. Bueno, pois para que o PP houbera obtido o asiento número 5, debería de ter 242 votos máis dos 1725 que obtiveron, todo elo contando claro está que no PSOE nin no BNG houbese diferencias (3540 e 1737 respectivamente).

Ademáis si un non quere usar esta ferramenta pode facelo manualmente. Veña, papel e boli, bueno e unha calculadora tamén. Para elo hai que poñer en tres columnas os números de votos de cada partido. Cada cifra a dividivos primeiro por 1, escribímola debaixo, despois por 2, logo por 3. E asi sucesivamente ata obter as 17 (que son o numero de concellais) cifras máis altas. E así é como quedaron:

Lei de D'hondt en Rianxo


Seguir lendo…

Xeral
09:32

Se fai unhas semanas oíamos falar de Alfredo Uría, un vizcaíno de 68 anos que percorreu os casi 800 km do Camiño Francés en sete días!!!!, ahora tocoulle a un Xaponés de 71 anos saír á palestra.

Pois Katsusuke Yanagisawa coronou os 8.550 m do Everest en trece días, e convértese na persoa de maior idade en chegar á cima do mundo.

Demostrando a tremenda capacidade do corpo humano, por suposto entrenado, para superar retos. Esto so está ó alcance de moi poucos pero a cuestión é poñerse, e case todo será posible.

Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira
luns, 28 de maio de 2007, 14:30

Pois poucos cambios en Rianxo. Destacar que ó PSOE, ainda que segue a conservar a maioría absoluta, votáronlle 861 persoas menos que no 2003, e tendo en conta que este ano non había unha cuarta candidatura, pódese afirmar que a Pedro déuselle un pau. O BNG aumentou en 559 votos e o PP en 451. A abstención tamén medrou, e moito, 848 en relación ó 2003 e 1596!!! comparado co ano 99. Co que seguiremos outros catro anos máis, en principio, con Pedro Piñeiro na alcaldía.

En Boiro gran batacazo do PP, perdeu 1558 votantes, e subidas dos demáis: 572 votos do BNG, 334 do PSOE e 131 de Velo. Pero hai algo moi curioso debido a lei de D’hondt, que é a formula que se aplica para elexir o numero de edís. O PP somentes sacou 12 votos máis en todo o concello que o BNG. Se os frentistas conseguiran un so voto máis que o PP (e decir 13 a maiores) o número 6 destes iría para o Bloque. O PSOE e Velo subindo menos que o BNG aumentaron un edil máis. Co que podemos ver que nestas eleccións en Boiro a lei de D’hondt perxudicou a Deira. E con estes resultados ó BNG chégalle so co apoio do PSOE para gobernar, ainda que podería haber outras posibilidades. Xa se verá.

Seguir lendo…

Rianxo, Boiro, Pobra, Ribeira
domingo, 27 de maio de 2007, 16:35

resultados dos concellos galegosPois en canto estén os resultados colgareinos. Ademáis de Rianxo, aparecerán tamén os da comarca…

Podes acceder a unha páxina da CRTVG adicada ás eleccións. Nela poderás consultar os escrutíneos de tódolos concellos galegos.

Rianxo:
PSOE - 3540 - 49.73 % - 9
BNG - 1737 - 24.40 % - 4
PP - 1725 - 24.23 % - 4

Boiro:
PP - 3500 - 32.02 % - 6
BNG - 3488 - 31.91 % - 5
PSOE - 2585 - 23.65 % - 4
IC - 1175 - 10.75 % - 2

Pobra:
PP - 3117 - 50.4 % - 9
BNG - 2257 - 36.5 % - 6
PSOE - 699 - 11.3 % - 2

Ribeira:
PP - 6865 - 48.94 % - 11
BNG - 3634 - 25.91 % - 6
PSOE - 1780 - 12.69 % - 2
IPDER - 1540 - 10.98 % - 2

Rianxo
sábado, 26 de maio de 2007, 13:58

Pois hoxe é o día no que todos debemos de meditar, reflexionar, cabilar e decidir o grupo de traballo que nos gustaría que nos gobernase nos próximos catro anos.

É día de valorar os proxectos futuros de cada candidatura, pero tamén debemos de analizar os traballos desenrolados pola alcaldía no período de tempo que remata hoxe, e recordar aquelas cousas que se prometeron e aí quedaron, pois vender fume é demasiado doado.

Temos que valorar tamén á oposición, que no caso particular de Rianxo non nos serve, xa que ningún dos alcaldables do 2003 vai repetir. Co que non sabemos como son, politicamente falando, e debemos fiarnos das súas verbas destas dúas semanas.

Co cal aquí temos o complicado, ou o sinxelo, cada un ten que decidir libremente a quen votar e a quen botar fora.

Seguir lendo…

Rianxo
venres, 25 de maio de 2007, 22:42

grafico elaborado por El País

Pois neste gráfico podedes comprobar como eleximos ós nosos representates municipais nas últimas tres lexislaturas.

Cabe destacar que no ano 99 a UV (Unidade Veciñal), non lle votou nin a familia, 101 votos.

Seguir lendo…

Xeral
xoves, 24 de maio de 2007, 13:43

Anemia falciforme, fibrosis quística, enfermidade de Huntington, hemofilia, hipertensión arterial, diabetes mellitus, Alzheimer, moitos tipos de cancros e a obesidade. Todas son enfermidades, e todas elas teñen un orixe común: Son enfermidades hereditarias. E todas elas terían unha moi facil solución, a bioxenética.

Qizais esa solución xa non se lle poderá otorgar ás persoas que hoxe en día as padecen, pero erradicalas dos descendentes de estes enfermos a día de hoxe é moi sinxelo, de feito xa se fai con plantas, e a complicación sería a mesma. Tan doado como eliminar ese xen defectuoso que se transmite de xeración en xeración, seleccionando aqueles espermatozoide ou ovulos que carezan deles. Si, serían persoas transxénicas, pero persoas sanas. Persoas que non serían enfermas crónicas ou o que é mellor, persoas que non se estarían comendo a cabeza sabendo xa cal vai ser o seu futuro, agardando que chegue ese día máis tarde ou máis cedo.

Seguir lendo…

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet