Pois que imos contar que non saibamos xa dende fai anos?? Que si isto xa se vía vir… Que si sempre o mesmo… O que dicía Marisa (ex-mandereita de Pedro) cando se lle foi preguntar por unha obra dun edificio: “Para facer un desmonte non fai falla a licenza”, como falaba esta muller!!!!
O que acontece é que para que a xustiza actúe, ten que haber unha denuncia formal tramitada. E isto é o que pasa, que poucos veciños dan este paso, xa que se levan as de perder sempre debido aos custos que isto lle vai acarrexar. Pero é que esta ten que ser función da administración!!!! non dos veciños!!! Para que carallo están a cobrar?? Para ir ós plenos e mover a cabeza a ritmo que marque o alcalde??? Collan o coche e dean unha volta polas obras!!! saquen fotos!!! e lévenllas “ós técnicos”, anda pero se “os técnicos” son postos polo goberno local… E non me veñan dicindo que acceden por oposición, xa que é moi doado pedir un perfil moi específico para que so se poda presentar a filla do amigo. E se hai alguén máis que cumpra co perfil, pois dicímoslle que faga un curso de a que cheiran as nubes e será un requisito tamén.
E se non comproben o que ven recollido na seguinte nova: “Indicou que, polo momento, pediuse unha aclaración da sentenza porque hai «algúns termos confusos»”. Orde de derribo por ilegalidade por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, é o único que hai que entender. Non caben máis recursos.
O que pasa é que meteron a pata, atoparon cun veciño que denunciou e seguiu adiante. E agora intentan tirar balóns fora. Como xa fixo co caso Ramos, coa súa recente imputación nos xulgados de Padrón no que é el, e catro concelleiros máis os que están imputados por delito de prevaricación e non ningún dos técnicos ós que Pedro pon na picota.
E agora que vai pasar coa xente que alí está a vivir?? Pois isto é o peor. O pago de xustos por pecadores, e que aínda por riba queren saír indemnes. Ogallá a xustiza sexa xusta.
Fai xa uns cantos meses que a bitácora quedou en branco. I é que o barco entrou en dique seco. Pero xa lle queda pouco para voltar á navegar polo concello e pola comarca e pola actualidade en xeral, por esa mar de mentiras, medias verdades e algunha que outra realidade.
Dáme a impresión que ó concello estáselle a ir todo das mans. A verdade é que non me resulta estraño dada a natureza deste tan selecto grupo de colaboradores de Pedro. Si é que xa se vía vir. Non me estraña que moitos dos socialistas de Rianxo rexeitaran, xa no 2002, a esta “lista” de Piñeiro. Onde queda demostrado que se rodeou de xente que non lle ía contrariar ningunha das súas decisións, secundando cada unha das palabras e feitos do mandatario. Coma beatos ante a “palabra do Señor”. E agora comézanse a ver os froitos desta xestión municipal. Podémoslles agradecer a todos eles, que Rianxo estea a saír máis que nunca na prensa, xa non so comarcal, se non que autonómica ou incluso ás veces estatal. Quizais sexa unha campaña turística???? (iso, iso, que se fale, aínda que sexa ben).

Parece incríble que tras acontecer un afundimento dun barco, onde por riba houbo afogados, salten á palestra persoeiros, que parece que o único que buscan é afán de protagonismo. Olvídanse que familiares e amigos estan a pasalo mal, e sucédense en declaracións os uns contra os outros.
Non vexo mal a caza, sempre e cando o final da presa sexa a mesa. Dende sempre o home, ó igual que os animais trata de sobrevivir, e para elo un dos métodos é a caza. A caza para comer paréceme ben, pero cazar polo simple feito de matar, paréceme arrepiante. E máis triste me parece que a isto lle chamen deporte.
Se Castelao levantara a cabeza, íalles dicir catro cousas tanto a uns coma ós outros. I é que parece que lles falta tempo para afilialo cadacal ao seu partido.
De todos é coñecida a non afiliacíon de Pedro Piñeiro ao PSOE, pola cal moitos do seu partido criticaron, e que non entendían que despois de tantos anos como cabeza de lista do partido en Rianxo, seguise coa súa condición de independente.
Todo parecen facilidades para o empresario chino Cunhui Nan, para montar unha instalación fotovoltaica de 20 MW, en menos de un ano. Ocuparía unha extensión de 40 hectareas, máis ou menos 40 campos de fútbol, e sería instalado nalgún lugar da nosa comunidade.
Este podería ser o resumo do estudio presentado polo Premio Nobel de Química Paul J. Crutzen. Pero hai que matizar esa afirmación. I é que non sería o emprego destes bioconbustibles os que contribuirían ó quecemento da Terra, se non o emprego de fertilizantes para a producción da colza (empregada en Europa para a producción do biodiesel) e do millo (para a obtención de bioetanol, o substituto da gasolina). É dicir, que como habería que plantar un maior número de hectareas con estes cultivos, o emprego de fertilizantes para unha maior producción, tamén aumentaría. A gran maioría de fertilizantes están compostos a base de nitróxeno, e dos cales se desprende á atmósfera óxido nitróxeno, que ten até case 300 veces máis poder de quecemento global que o dióxido de carbono.
A SGAE (Sociedade Xeral de Autores e Editores), está a piques de rematar a súa sede en Compostela. Deixando a un lado a beleza do edificio, e por suposto a funcionalidade, quería comentar que se lles permitiu
Esta é unha das dúas medidas que vai levar a cabo o Goberno para a emancipación dos xóvenes en España, os que máis tarde marchan da casa de toda Europa.




